Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

23/05/2023 | 11:09 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas para a redacción do proxecto de construción do novo centro de saúde de Noia

O convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Noia permitirá erguer un novo centro sanitario que superará en máis do dobre a superficie do inmoble actual, pasando dos 1.780 metros cadrados, aos máis de 4.200 m2 cos que contará a nova infraestrutura

23/05/2023 | 10:48 | C. de Sanidade

A Xunta encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a redacción do proxecto das obras de ampliación e reforma do centro de saúde de Baltar

Con esta actuación, o inmoble actual medrará nun andar, e permitirá incorporar cinco novos espazos á infraestrutura sanitaria, en concreto: unha consulta de enfermaría, unha de traballo social, un despacho docente, unha sala de técnicas, e unha sala de usos múltiples

22/05/2023 | 14:01 | C. de Sanidade

Comesaña pon en valor o papel crucial dos ensaios clínicos na investigación en saúde

O titular da carteira sanitaria remarca que Galicia conta con magníficos equipos de investigadores que conforman os tres Institutos de Investigación Sanitaria

22/05/2023 | 13:19 | C. de Sanidade

Sanidade presenta o programa PROTEGO para a prevención de condutas aditivas

O departamento sanitario galego convidou os equipos de prevención de condutas aditivas, xestionados por concellos e asociacións sen ánimo de lucro, así como a profesionais e asociacións implicados na atención e protección de menores para darlle difusión a este programa

22/05/2023 | 11:10 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 67 persoas por 56 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 19 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 21 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico

19/05/2023 | 13:15 | C. de Sanidade

Comesaña destaca no Senado a posición pioneira de Galicia na incorporación da inmunización fronte ao VRS e anima ao resto de Comunidades a sumarse

O conselleiro de Sanidade salienta que Galicia se mantén como unha das Comunidades Autónomas co calendario vacinal máis completo

19/05/2023 | 10:30 | C. de Sanidade

A Xunta publica o Decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada para Galicia

O decreto pon en valor as figuras dos titores e dos xefes de estudos, e prima o seu exercicio configurando un estatuto cunha serie de medidas

18/05/2023 | 17:08 | C. de Sanidade

A Xunta publicará a vindeira semana a convocatoria para cubrir 175 prazas de especialistas en saúde mental por concurso de méritos

A convocatoria, cun total de 175 prazas, oferta 44 prazas de psiquiatría, 37 de psicoloxía e 94 de enfermería especialista en saúde mental

16/05/2023 | 15:35 | C. de Sanidade

A Xunta constitúe o Consello Técnico Asesor da Rede de Centros de Simulación Clínica Avanzada

A simulación clínica é unha metodoloxía de aprendizaxe que reproduce experiencias reais de pacientes mediante escenarios guiados e controlados