Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

21/06/2024 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima aos alumnos máis excelentes da ABAU a apostar pola universidade pública galega, gratuíta e con titulacións variadas e de calidade

Gaba o esforzo e sacrificio destes estudantes que “son un orgullo para Galicia” e representan a variedade de centros educativos que existen entre o rural e urbano

21/06/2024 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu axudas á vivenda por importe de 286 millóns de euros entre 2021 e 2023

Os 286 millóns concedidos en axudas facilitaron o acceso á vivenda a preto de 13.600 familias e impulsaron a rehabilitación de preto de 36.000 vivendas existentes

21/06/2024 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede axudas por preto de 274.000 euros aos concellos das Somozas, As Pontes, Cabanas e Narón para a mellora dos seus parques empresariais

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria durante unha visita ao polígono industrial das Somozas para comprobar o resultado das obras de pavimentación na vía principal

21/06/2024 | 14:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Ramón Piñeiro presenta a nova versión do Corpus de Referencia do Galego, que permite recoñecer formas con seseo

Valentín García pon en valor esta aplicación informática polo seu carácter “potente, flexible e innovador” á hora de facilitar investigacións “cada vez máis amplas e variadas”

21/06/2024 | 13:47 | C. de Sanidade

Máis de 600 facultativos están convocados aos exames da categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde

O Recinto Feiral de Silleda acollerá este domingo, 23 de xuño, as probas do concurso-oposición para o acceso ás 271 prazas ofertadas pola Xunta nesta especialidade

21/06/2024 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta conciencia a máis de 8.000 escolares sobre a importancia dos ríos cunha campaña divulgativa para achegar o ciclo da auga a centros de primaria

A iniciativa, impulsada polo organismo Augas de Galicia, chegou durante este curso a 125 colexios no marco das actividades do Plan de xestión do risco de inundación

21/06/2024 | 13:39 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo enxalza a excelencia dos nosos produtos alimentarios de proximidade e o bo facer dos produtores locais

O delegado territorial referiuse á Lei da calidade alimentaria de Galicia que reafirma a aposta da Xunta pola sustentabilidade e a trazabilidade das producións primarias da nosa comunidade

21/06/2024 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta saca a licitación por algo máis de 331.000 € as obras de reforma da cociña e do comedor do CPI Atios de Valdoviño

A actuación consistirá na remodelación interior do volume do comedor e a cociña do edificio existente e o acondicionamento da súa envolvente para mellorar a estanquidade, a eficiencia enerxética e garantir as condicións de confort interior dos usuarios