Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

26/05/2023 | 15:33 | C. de Sanidade

Comesaña subliña que Galicia conta cun dos programas de saúde bucodental en Atención Primaria dos máis amplos do Estado

Ademais das prestacións para a poboación xeral, o programa galego abrangue dun xeito específico á poboación infanto-xuvenil (0-14 anos), ás mulleres embarazadas, ás persoas con diversidade funcional e aos pacientes con risco de cancro oral

26/05/2023 | 14:50 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia adestra en soporte vital básico a 170 escolares da Estrada co gallo do Día Internacional das Urxencias e Emerxencias

Desde o ano 2009 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desenvolve o programa RCP na aula que formou a máis de 17.800 escolares en técnicas de reanimación cardiopulmonar básica

26/05/2023 | 10:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o inicio da información pública do proxecto de interese autonómico do "Novo CHUAC"

Trátase do instrumento de ordenación urbanística do solo necesario para a construción do novo hospital público da Coruña, incluíndo as obras de urbanización e edificación, os accesos desde as vías de alta capacidade e o novo edificio hospitalario nas Xubias, ademais do espazo previsto para a reubicación de vivendas afectadas

26/05/2023 | 10:42 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade remarca o traballo imprescindible e clave que realizan os técnicos en coidados auxiliares de enfermería

Na actualidade, o Sergas ten en marcha convocatorias para estabilizar máis de 1.000 prazas de técnicos de coidados auxiliares de enfermería

25/05/2023 | 16:38 | C. de Sanidade

Comesaña destaca o labor do persoal de enfermería do Sergas no coidado dos pacientes con enfermidades urolóxicas

Durante os días 25, 26 e 27 de maio, Santiago de Compostela acolle un Congreso no que profesionais nacionais e internacionais de Enfermería, procurarán avanzar cara á excelencia no coidado de pacientes con trastornos urolóxicos

25/05/2023 | 15:21 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade pon en valor a Unidade de Oncoloxía Pediátrica de Galicia na mellora da atención e do coñecemento nesta disciplina

O 2º Congreso Ibérico de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátricas reúne a expertos de toda España e Portugal, en Santiago de Compostela

25/05/2023 | 14:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade
24/05/2023 | 18:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade; C. do Medio Rural

A Xunta descarta, tras varias inspeccións técnicas, que a praga de moscas do Val estea relacionada coa actividade das granxas da zona

Martina Aneiros lembrou que o control das pragas non é unha actividade prestada pola administración autonómica e que os Concellos son autoridade sanitaria e teñen competencias de control ambiental e sanitario

23/05/2023 | 12:36 | C. de Sanidade

Galicia formará 2.000 residentes sanitarios durante o ano 2023/2024

Tras a recente asignación de prazas formativas, a comunidade contará cun total 1.977 profesionais en formación, ao incorporarse 587 novos residentes á rede sanitaria pública galega