Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

21/06/2024 | 16:32 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta promoverá o turismo urbano e gastronómico coa elección do Mellor Cociñeiro de Tapas 2024

Sete cociñeiros das sete cidades galegas competirán polo título o vindeiro 9 de xullo en Santiago de Compostela na iniciativa organizada por Turismo de Galicia

21/06/2024 | 15:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e Europa

Ángeles Vázquez salienta que,  desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050, as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%  

21/06/2024 | 15:33 | C. de Economía e Industria

Lorenzana manifesta o apoio da Xunta a toda o cadea de valor asociada á construción en madeira para seguir fortalecendo o sector forestal en Galicia

Empraza ás empresas e axentes do sector a apostar pola innovación e pola investigación para ser quen de finalizar todo o ciclo produtivo da madeira en Galicia. “Ese ten que ser o reto que nos temos que marcar e iso pasa por traballar a competitividade e as posibilidades da industrialización do sector forestal”, di

21/06/2024 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por un reparto de competencias no que se optimicen as funcións de cada administración

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración do ‘VI Congreso Red Localis’, onde lembrou que o Goberno galego está a avaliar coa Fegamp na comisión técnica de competencias as que corresponden a cada administración co obxectivo de chegar ao máximo consenso posible

21/06/2024 | 15:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta avánzalle ao sector audiovisual as novidades do fondo de 2 M€ para a atraer rodaxes a Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicará a semana que vén as bases destas subvencións, coas que se lle dá continuidade á liña de apoio que tivo maior impacto das convocadas ao abeiro do Hub Audiovisual 2021-2023

21/06/2024 | 15:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste medio millón de euros para ampliar a residencia municipal de Crecente e crear 18 novas prazas

Esta actuación enmárcase no Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción e reforma de instalacións municipais

21/06/2024 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O prazo de solicitude das axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos remata o vindeiro luns 24 de xuño

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no inicio da campaña Come, Merca, Ama O Grove que ata o 5 de xullo desenvolve a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes) co apoio da Xunta

21/06/2024 | 15:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Consellería de Cultura renova á coreógrafa Kirenia Martínez como directora do festival ‘Escenas do cambio’ da Cidade da Cultura

O director xeral de Cultura subliña a aposta en firme pola diversidade do talento, pola creación galega e pola atracción de novos públicos

21/06/2024 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo reafirma o compromiso da Xunta co emprendemento e o emprego para xerar riqueza e fixar poboación

A delegada da Xunta clausurou o II Foro do Emprego organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña

21/06/2024 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Pontevedra desbloquean a variante de Alba

O proxecto está supeditado á disposición do informe favorable do Ministerio de Transportes confirmando a viabilidade do enlace da variante coa estrada N-550, documento que o Concello se comprometeu a acadar