Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

21/06/2024 | 17:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O parque acuático do complexo deportivo de Monterrei abre as súas portas ata o vindeiro 15 de setembro

O horario é de 12 a 21 horas cunha ocupación diaria máxima de 2.500 persoas

21/06/2024 | 17:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e sindicatos constitúen a comisión negociadora do plan de igualdade para o persoal docente

É o punto de partida para a redacción deste documento para avanzar na eliminación de calquera tipo de discriminación neste ámbito laboral

21/06/2024 | 17:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Asociación Empresarial Eólica abordan a situación do sector en Galicia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, insiste no compromiso do Goberno galego con esta industria e destaca o rigor na tramitación dos proxectos eólicos

21/06/2024 | 17:34 | C. de Sanidade

A Xunta destina preto de 228.000 euros a sufragar os gastos veterinarios e de materiais das ADSG do Deza-Tabeirós

O delegado territorial visitou as instalacións da ADSG Xundeva, que recibiu unha achega total de 145.400 euros na última convocatoria 

21/06/2024 | 16:32 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta promoverá o turismo urbano e gastronómico coa elección do Mellor Cociñeiro de Tapas 2024

Sete cociñeiros das sete cidades galegas competirán polo título o vindeiro 9 de xullo en Santiago de Compostela na iniciativa organizada por Turismo de Galicia

21/06/2024 | 15:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e Europa

Ángeles Vázquez salienta que,  desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050, as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%  

21/06/2024 | 15:33 | C. de Economía e Industria

Lorenzana manifesta o apoio da Xunta a toda o cadea de valor asociada á construción en madeira para seguir fortalecendo o sector forestal en Galicia

Empraza ás empresas e axentes do sector a apostar pola innovación e pola investigación para ser quen de finalizar todo o ciclo produtivo da madeira en Galicia. “Ese ten que ser o reto que nos temos que marcar e iso pasa por traballar a competitividade e as posibilidades da industrialización do sector forestal”, di

21/06/2024 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por un reparto de competencias no que se optimicen as funcións de cada administración

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración do ‘VI Congreso Red Localis’, onde lembrou que o Goberno galego está a avaliar coa Fegamp na comisión técnica de competencias as que corresponden a cada administración co obxectivo de chegar ao máximo consenso posible

21/06/2024 | 15:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta avánzalle ao sector audiovisual as novidades do fondo de 2 M€ para a atraer rodaxes a Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicará a semana que vén as bases destas subvencións, coas que se lle dá continuidade á liña de apoio que tivo maior impacto das convocadas ao abeiro do Hub Audiovisual 2021-2023