Actualidade
Buscador de novas
A Xunta demanda ao Goberno de España solucións para que os déficits de persoal na sanidade das prisións non sobrecarguen ao persoal do Sergas
O conselleiro de Sanidade visita o centro de saúde de Teixeiro, onde o persoal tivo que desprazarse varias veces ao cárcere da localidade para atender a persoas reclusas pola ausencia de persoal médico na prisión
A Xunta leva ao Salón Previsel as súas campañas para a prevención de riscos nas carpintarías de madeira e nos traballos temporais en altura con escada
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na apertura da 16ª edición do salón da prevención e da seguridade laboral que se celebra en Expourense
Un total de 310 persoas e 153 cooperativas e sociedades laborais recibiron en 2022 axudas do programa da Xunta Aprol Economía Social
A iniciativa conta con dúas liñas compatibles de apoio: para cooperativas e sociedades laborais para que incorporen, sobre todo, persoas desempregadas; e para persoas que entren nestas entidades de economía social como socias ou cun contrato indefinido
A Xunta pon en valor os apoios ao traballo autónomo, á economía social e á xeración de emprego nunha xornada informativa aberta a Pemes e profesionais
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e o director do Igape, Fernando Guldrís, informaron dos apoios autonómicos á actividade empresarial e para a creación de máis emprego e de calidade
Promoción do Emprego exporá mañá na Semana da Administración Aberta os apoios autonómicos ao emprendemento e no eido laboral
A participación da Consellería nestas xornadas continuará o venres coa intervención da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sobre as liñas estratéxicas de traballo da súa área
A Xunta continúa co impulso ao emprego local ao investir 1,5 M€ máis en axudas para a contratación dunhas 500 persoas desempregadas en 180 concellos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria dos apoios dirixidos ás entidades locais para a realización de servizos de interese xeral e social, unha iniciativa que se suma aos programas Aprol Rural e de contratación de persoas perceptoras da Risga que se publicaron o mes pasado no DOG
Xunta e AJE Galicia impulsarán o emprendemento entre a mocidade e promoverán a dinamización do rural con medidas de formación e asesoramento
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe en Santiago de Compostela un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Xoves Empresarios de Galicia, Luciano Covelo
A Xunta celebra o apoio da Comisión Europea á proposta da Consellería de Promoción do Emprego para os 300 traballadores despedidos de Alu Ibérica
O departamento que dirixe María Jesús Lorenzana presentou ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) un programa de formación, orientación e asesoramento personalizado para o que solicitou un financiamento do 85 % (1,2 M€)