Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana anuncia que o Carballiño será sede do Polo de Emprendemento e apoio ao emprego Miño Central que prestará servizo a 48 concellos de cinco comarcas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, sinalou que é o sexto da Rede que puxo en marcha a Xunta o pasado ano para acompañar ás persoas emprendedoras en cada unha das etapas dos proxectos empresariais
Luis López destaca a aposta da Xunta polo emprego na comarca de Caldas na súa visita ao obradoiro Os Camiños do Camiño III
O delegado territorial en Pontevedra animou os 20 alumnos-traballadores, distribuídos nos módulos de Albanelería e Xardinaría-Forestal, a aproveitar esta oportunidade formativa para aprender un oficio e dotarse de máis oportunidades de futuro no mercado laboral
Lorenzana pon en valor en Ourense as axudas da Xunta aos autónomos e emprendedores que suman este ano máis de 78 millóns de euros
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe o establecemento Lola Limón, beneficiario das axudas dos programas Xempre Autónomo e Xempre Emprendemento
Xunta e Dirección Xeral de Tráfico colaborarán para a mellora da seguridade viaria e laboral de Galicia
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un protocolo co organismo adscrito ao Ministerio do Interior para levar a cabo actuacións de información e sensibilización, entre outros
A Xunta traballa da man de 13 entidades representantes das mulleres do mar na prevención das enfermidades profesionais que lles afectan
A directora xeral de Relación Laborais, Elena Mancha, participou no encontro que a Xunta celebrou hoxe coa Asociación de Mulleres na Pesca (Anmupesca) sobre enfermidades laborais que afectan a redeiras, mariscadoras e percebeiras
A Xunta abrirá en Vigo este ano un dos polos da rede autonómica de emprendemento e apoio ao emprego
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacaron hoxe a importancia de que Vigo albergue unha destas oficinas por ser unha cidade estratéxica para toda Galicia
A Xunta ampliará o centro de saúde do Rosal para poder dotar ao concello dunha cuarta praza médica
O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de O Rosal asinaron hoxe un protocolo de colaboración para facilitar o trámite urbanístico e a cesión de terreos para a obra
Xunta e empresarios de Ponteceso traballarán da man para conectar oferta con demanda de traballo e dar resposta ás vacantes do mercado laboral
A Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ao sistema de difusión de ofertas do Servizo Público de Emprego de Galicia tras a sinatura hoxe do protocolo de adhesión a esta iniciativa do Goberno galego
A Xunta expón en Viseu os servizos de asesoramento personalizado que prestan os profesionais da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no IX Encontro internacional de xoves emprendedores (EIJE)
A Xunta e os hostaleiros lucenses impulsan un novo programa integrado de emprego que formará a 100 traballadores
O Goberno galego leva investidos 1,7 millóns de euros nas oito edicións deste proxecto, que promove a APEHL para incorporar a profesionais cualificados nas distintas categorías do sector