Actualidade
Buscador de novas
Gabriel Alén supervisa o desenvolvemento do Programa de Apoio e Reforzo Asistido por Cans dentro da iniciativa EDU Innova da Xunta
O delegado territorial da Xunta explicou que a iniciativa de Contratos-Programa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros
A Xunta reforza os servizos de autobús entre Miño e Betanzos os xoves pola tarde para atender o alumnado do IES As Mariñas
Na liña que conecta Miño e o centro de saúde de Betanzos créanse dous novos servizos de ida e volta con horas de paso pola parada do instituto próximas ao inicio e ao fin das clases dos xoves
Os XVIII Premios á Calidade Lingüística recoñecen os mellores traballos universitarios en galego
En total recibíronse preto de 200 traballos entre as tres categorías: académicos, de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM)
As familias poden solicitar ata o 20 de marzo praza para os seus fillos nos centros educativos para o curso 2023/24
Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles
Política Social e Xuventude participa no 25 aniversario da Escola de Familias do colexio Pablo VI da Rúa
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, impartiu unha conferencia sobre a importancia de educar en Familia
A Xunta anima a achegarse á "furgoteca", que leva desde hoxe os servizos bibliotecarios aos veciños de 20 concellos do rural de Lugo e Ourense
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á posta en marcha da iniciativa en Triacastela, onde salienta a “gran oportunidade” que trae consigo esta proposta itinerante ao achegar a lectura “a cada vez máis persoas”
A Xunta abre o prazo para incorporar 25 novos centros ao programa de libro electrónico E-Dixgal
Facilítanse ultraportátiles e acceso a contidos e materiais a estudantes entre 5º de Primaria e 4º de ESO
O número de estudantes de FP medrou en máis dun 36 % nunha década na área de Santiago de Compostela
Un total de 18 centros imparten 143 ciclos nesta zona, con máis de 3.700 alumnos
Catro centros educativos galegos reciben os premios do primeiro Concurso escolar sobre reanimación cardiopulmonar
A Xunta colabora co certame, organizado polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña
A Xunta desprega tres Polos Creativos en centros escolares de Tomiño, para fomentar a innovación educativa desde as aulas
O xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, visita o Polo do colexio Plurilingüe de Tebra, que se une ao de Sobrada e ao instituto