Actualidade
Buscador de novas
O Plan Emprega Xuventude da Xunta impulsa o talento da mocidade con 29,1 M€ en 2023 para incentivar a formación e a contratación de 1.800 persoas
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe en Oleiros na inauguración da Feira de Emprego Young Talent
Sanidade reúne perfís sanitarios, científicos e xurídicos nunha xornada centrada na saúde mental da muller dende unha perspectiva multidisciplinar
A Xunta reforza os recursos de atención á saúde mental na infancia, na adolescencia e ás persoas maiores a través dos preto de 100 proxectos que recolle o Plan galego
Rueda destaca que a rede de Polos de emprendemento cubrirá o cen por cen do territorio galego para apoiar a creación de emprego e de novas iniciativas laborais
Subliña que a Xunta destinará neste 2023 un total de 9,2 millóns a estas ferramentas que favorecen que empresas e emprendedoras creen novos postos de traballo
A Xunta entrega ao Concello de Betanzos o Plan director para o Parque do Pasatempo
O documento afonda no coñecemento do parque, nas súas condicións actuais e define as liñas de actuación para a súa conservación
A Xunta pon en valor o traballo de Cáritas para o acceso ao emprego das persoas en risco de exclusión
O Goberno galego destina máis de 800.000 euros para toda a diocese de Santiago a través da orde de axudas a entidades e con cargo ao 0,7 % do IRPF para a posta en marcha de distintos programas de inclusión social
Lorenzana pon a nova oficina de emprego de Verín como exemplo da modernización deste servizo, que quere ofrecer atención próxima e dinámica á cidadanía
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana visitou as novas instalacións radicadas na avenida de Sousas, 74
O Sergas publica as listas provisionais de admitidos do concurso de traslados aberto e permanente para todas as categorías estatutarias e a oferta de destinos de médico de familia de atención primaria
Neste concurso resultaron admitidos un total de 4.550 profesionais. A categoría con maior número de aspirantes admitidos é a de enfermeiro, con 1.913 solicitudes
Lorenzana destaca o investimento da Xunta en formación na comarca de Ferrolterra nos últimos 14 anos con 47,3 M€ que permitiu cualificar 16.187 persoas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor o compromiso do Goberno galego con Ferrolterra na clausura da xornada Pacto pola formación, Pacto polo emprego. Pacto por Ferrol
A Xunta impulsa o emprendemento innovador en Lugo a través de ViaGalicia
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no Startup Day desta aceleradora, no que representantes dos 24 proxectos preseleccionados para a sede lucense demostraron as súas habilidades e competencias para pasar á fase de Academia