Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

23/06/2024 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Mañá abre o prazo para solicitar cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso

As persoas interesadas teñen ata o 4 de xullo para tramitar a petición nalgunha das 214 titulacións diferentes que se imparten en Galicia

23/06/2024 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza martes e mércores probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura

23/06/2024 | 12:01 | C. de Sanidade
23/06/2024 | 10:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 800.000 euros aos novos espectáculos de 29 compañías galegas de artes escénicas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica a concesión das axudas á creación escénica, a través das que subvenciona sete propostas de novas formacións, cinco pezas de danza e 15 espectáculos de teatro, circo e maxia

23/06/2024 | 10:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inaugura a humanización da contorna de San Eleuterio en Mos, executada ao abeiro do Plan Hurbe

Os traballos converten a contorna da ermida de San Eleuterio nun espazo público de calidade, con prioridade para os peóns 

23/06/2024 | 09:57 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Máis de 30 expertos de sete países participan esta semana en Santiago no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos

Organizado por Turismo de Galicia e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago conmemórase o 9º centenario da concesión a Compostela da dignidade arcebispal baixo o lema ‘Metrópoles: Santiago e Roma. 900 anos de historia’

22/06/2024 | 20:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Liga Galega de Traiñeiras con 25 equipos nas súas tres categorías

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na illa de San Simón no acto de presentación da competición de banco fixo, que o Goberno galego apoia cunha achega de 125.000 euros

22/06/2024 | 16:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Martínez Allegue traslada ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, o compromiso da Xunta para humanizar a estrada PO-308

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas abordou co rexedor a materialización desta actuación a través dun convenio de colaboración entre ambas administracións

22/06/2024 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abriu as propostas económicas para a construción de 104 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, licitadas por preto de 22 M€

A mesa de contratación coñeceu as ofertas económicas para a construción de tres grupos de 46, 40 e 18 vivendas