Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 107 novas da área temática Maiores:

18/12/2023 | 15:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inaugura en Santiago o novo centro de Agadea para a atención a persoas con alzhéimer

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou no acto oficial de apertura desta instalacións

16/12/2023 | 19:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará novas melloras no centro de día público de Ribadeo, que celebra o seu 20 aniversario

Destinaranse 50.000 euros para novas obras que darán continuidade á mellora da carpintería exterior xa levada a cabo recentemente

15/12/2023 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca que a residencia Volta do Castro de Santiago converteuse na primeira en completar a transformación tecnolóxica

O Goberno galego está a dixitalizar todos os centros públicos autonómicos para poñer as vantaxes tecnolóxicas ao servizo de traballadores e usuarios

10/12/2023 | 12:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que as persoas con dependencia atendidas nos seus fogares recibirán de xeito automático o novo Bono Coidado no Fogar

A partir do próximo mes de xaneiro, todas estas persoas recibirán unha axuda económica de 5000 euros ao ano independentemente da súa idade, grao de dependencia ou situación económica

09/12/2023 | 10:07 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que a Xunta impulsará o vindeiro ano un complemento universal ao Bono Coidado Residencia

Os orzamentos do vindeiro ano rexistran un 18 % de incremento no ámbito de atención a maiores ata acadar os 540 millóns de euros, o que permitirá ofrecer alternativas tanto para a atención residencial como para o coidado nos propios domicilios

06/12/2023 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca as melloras realizadas na vivenda comunitaria de Vilasantar

Financiáronse con 36.000 euros actuacións para acondicionar as habitacións, nas que con anterioridade xa se renovaran todas as camas

04/12/2023 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

Trenor destaca o papel fundamental das aulas CeMIT para alcanzar unha transformación dixital universal

O delegado da Xunta visitou o centro situado no concello de Ames no que se levou a cabo a renovación dos seus equipamentos informáticos

01/12/2023 | 17:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia que teñen as novas tecnoloxías no ámbito dos coidados ás persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu á presentación da nova aplicación Smart TV da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus)

17/11/2023 | 13:55 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia descontos en cruceiros para mozos e maiores a través do Carné Xove e do Carné +65

Os titulares destas dúas tarxetas poderán beneficiarse desta vantaxe tanto a través da páxina web da compañía como de calquera axencia de viaxes