Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

10/04/2024 | 11:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O primeiro exame para a cobertura de 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos será o 27 deste mes

Así o acordou hoxe o tribunal encargado de avaliar o proceso selectivo na súa sesión constituínte

08/04/2024 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia asistiu 57 persoas por 51 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de abril ata as 23,59 horas do domingo, 7 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

05/04/2024 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegación da Xunta acolle a reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia no edificio administrativo

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, presidiu a xuntanza celebrada coas forzas e corpos de seguridade para coordinar o Plan de Autoprotección

05/04/2024 | 08:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña

O fenómeno adverso estará activo a partir desta tarde con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 5 metros na costa oeste e noroeste da provincia

04/04/2024 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor a importancia dunha adecuada xestión da información en emerxencias

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións participou esta mañá na terceira edición das ‘Xornadas de responsables de comunicación en centros 112 de España’ 

04/04/2024 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta difunde o labor da Policía local na feira das profesións celebrada en Brión

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o evento con motivo da participación do alumnado da 16ª promoción deste corpo policial, que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública

03/04/2024 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia acolle a terceira edición das Xornadas de responsables de comunicación en centros 112 de España

As novas ferramentas tecnolóxicas e a súa progresiva aplicación abren a porta a revolucionar as dinámicas de comunicación en emerxencias

02/04/2024 | 09:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por vento na Coruña

No noroeste, oeste e suroeste da provincia haberá rachas máximas de 100 km/h con ventos de dirección sur e suroeste

01/04/2024 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña

O fenómeno adverso estará activo a partir da madrugada con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 5 metros na costa noroeste da provincia

27/03/2024 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as funcións que deben cumprir os controladores de acceso