Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 87 novas da área temática Audiovisual:

16/02/2023 | 16:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a promoción das estreas galegas na Berlinale cun evento festivo e a nova edición do catálogo ‘Films from Galicia’

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades organizará o luns na capital alemá un acto especial arredor do noso cinema para celebrar o fito que supón a súa presenza tripla no festival con ‘Matria’, ‘Sica’ e ‘Samsara’

27/01/2023 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
19/01/2023 | 19:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrécelles aos guionistas galegos novas oportunidades de internacionalización a través do programa ‘European Writers Club’

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais presenta as claves deste proxecto europeo e as posibilidades de expansión que lles brindará aos creadores de contidos audiovisuais nas sesións abertas a celebrar en Ourense na primavera

12/01/2023 | 15:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o programa de axudas ao audiovisual galego de 2023 cun investimento de 775.000 euros en salas de cine, festivais e internacionalización

Esta semana publícanse as tres primeiras convocatorias do ano para o sector, que se dirixen especificamente ás fases de exhibición, difusión e promoción e ás que seguirán nos vindeiros meses as destinadas a produción, preprodución e talento

11/01/2023 | 13:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Fernández-Tapias inaugura no IES Audiovisual de Bouzas as xornadas ‘TED Fala’ para o emprendemento do alumnado

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a importancia da formación e salientou a iniciativa do centro para organizar charlas motivacionais

09/01/2023 | 19:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O cinema de Abbas Kiarostami protagoniza o inicio do ano na Filmoteca de Galicia

A sede coruñesa da cinemateca da Xunta ofrece unha ampla retrospectiva do realizador iraniano, que arranca este mes de xaneiro coa proxección de 14 das curtas e longametraxes que filmou entre 1970 e 1980

09/01/2023 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A primeira longa da realizadora Sonia Méndez súmase na Fonsagrada á intensa temporada de rodaxes en Galicia impulsada polas axudas da Xunta

O responsable autonómico de Cultura móstrase convencido de que o 2023 volverá ser un “bo ano para o audiovisual galego” con proxectos que contribúen ao éxito do sector e a afianzar o bo posicionamento de Galicia no eido audiovisual