Actualidade
Buscador de novas
Xunta, clústeres e entidades profesionais de nove sectores económicos colaboran este ano para formar a persoas desempregadas e ocupadas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa hoxe sobre a sinatura este ano de convenios de colaboración para o desenvolvemento de plans formativos nos ámbitos do naval, automoción, metalmecánico, enerxías renovables, TIC, construción, comercio, hidróxeno e minaría
Lorenzana apunta que Galicia pecha marzo coa menor cifra de desemprego neste mes de toda a serie histórica e salienta o incremento das afiliacións
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos do paro rexistrado e de cotizacións sinalando que o paro baixa e as afiliacións crecen na evolución anual e mensual
A Xunta nomea preto de 80 novos funcionarios de carreira na especialidade de terapia ocupacional e bioloxía
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións de nomeamento
Galicia formará observadores en pesca de baixura para avanzar na obtención de datos e optimizar a xestión sustentable das pesqueiras
Esta acción tamén ten como fin crear unha bolsa de profesionais cualificados para realizar estas funcións e complementar as necesidades específicas das pesqueiras xestionadas no ámbito da Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia
A cidade da Coruña sumarase á Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta para acelerar a actividade empresarial de Galicia
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a apertura dunha oficina de asesoramento ás persoas emprendedoras na cidade herculina, na rúa Rafael Alberti, un espazo que albergará o Centro Coordinador
Galicia contará antes de que remate 2023 con 15 polos en activo que darán cobertura ao 100% do territorio
Lorenzana anuncia a apertura dun Polo de Emprendemento e apoio ao emprego que impulsará novos proxectos empresariais en Lugo cidade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, sinalou que o centro situarase no inmoble que acubilla a nova oficina de emprego de Lugo para favorecer “a interconexión” de ambos os dous servizos
Lorenzana sitúa Monterrei como un dos núcleos que exemplifica o compromiso da Xunta co emprego rural
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantiveron un encontro co alcalde da localidade, José Luis Suárez
A Xunta impulsa a celebración en Santiago dos Días Europeos da Artesanía con actividades para todos os públicos
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda de Creativas Galegas, onde se organizan talleres de diferentes oficios e os chamados ‘Escaparates viventes’
Nava Castro participa no Encontro de Mulleres Empresarias e Emprendedoras celebrado en Redondela
A directora de Turismo de Galicia puxo en valor o traballo realizado polas mulleres no eido empresarial e subliñou a súa importancia especialmente no sector turístico