Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

24/06/2024 | 10:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos que 58 serán directos pola AP9

A nova liña directa Sanxenxo-Pontevedra circulará pola AP9 e a AG41 para ofrecer tempos de viaxe reducidos e asegurar máis prazas dispoñibles en localidades intermedias

23/06/2024 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 40.000 € a compra dun vehículo adaptado para o concello de Tordoia

O Goberno galego concedeulle a contía máxima no marco da orde de axudas dun millón de euros da que se beneficiaron unha trintena de municipios

23/06/2024 | 13:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora con 14 audiolibros para favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudica a liña de axudas posta en marcha por primeira vez o pasado ano

23/06/2024 | 12:55 | C. de Facenda e Administración Pública

As medianas e grandes empresas con actividade en Galicia superan a media estatal no uso da intelixencia artificial

Máis do 11 % das entidades deste segmento empresarial emprega IA fronte ao 9,6 % da media estatal

23/06/2024 | 12:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aborda coa Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego os retos da economía social

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, vén de tratar con representantes de Aspais a nova lei estatal de economía social

23/06/2024 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Mañá abre o prazo para solicitar cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso

As persoas interesadas teñen ata o 4 de xullo para tramitar a petición nalgunha das 214 titulacións diferentes que se imparten en Galicia

23/06/2024 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza martes e mércores probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura

23/06/2024 | 12:01 | C. de Sanidade