Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

17/06/2023 | 14:21 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o gran labor dos médicos para facer da sanidade pública galega un modelo de referencia a nivel internacional

Comesaña remarca a aposta da Xunta por paliar o déficit de sanitarios con novas prazas por concurso de méritos, contratos estables e ampliando a oferta de formación sanitaria

17/06/2023 | 12:06 | C. de Sanidade

A Xunta apoiará o desenvolvemento de máis de 60 programas de entidades sociais do ámbito da saúde mental

O conselleiro destaca que a liña de axudas sociosanitarias no ámbito dos trastornos mentais, unha partida que se incrementa en 2023 nun 20 %, ata acadar máis 1,2 millóns

17/06/2023 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta avanza no impulso do Novo CHUAC coa aprobación do proxecto de demolición do Hotel de Doentes, que suporá un investimento de 1,4 M€

O proxecto de demolición licitarase nas vindeiras semanas e ten como obxectivo o derribo do actual edificio que conta de 7.691 m2 divididos en 10 plantas

16/06/2023 | 19:06 | C. de Sanidade

Comesaña pon en valor os acordos por unanimidade do Sergas, que se traduciron en importantes melloras laborais para o persoal médico galego

O conselleiro de Sanidade, destacou que o Executivo galego está a dar pasos moi importantes para asentar as bases da remuda xeracional do persoal médico e garantir que sigan a ser o piar sobre o que se asenta o Sergas

16/06/2023 | 16:05 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade asina un acordo de cooperación transfronteirizo entre Portugal e Galicia para o desenvolvemento tecnolóxico en imaxe médica PET

A rede Gallaecia-PET permitirá coordinar e aumentar significativamente as diferentes capacidades existentes en ambas as rexións en tecnoloxía de imaxe médica PET, desde a investigación preclínica e desenvolvemento de radiofármacos ata o seu uso clínico

16/06/2023 | 13:21 | C. de Sanidade

Galicia convértese na primeira comunidade en resolver o concurso de méritos de persoal de enfermería

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe definitiva das aspirantes seleccionadas

15/06/2023 | 17:50 | C. de Sanidade

Galicia avanza cara unha estratexia preditiva na saúde pública co uso de Intelixencia Artificial e Big Data

A directora xeral de Saúde Publica subliña que a estratexia da Consellería de Sanidade pasará dun modelo de rexistro e envío de información cara unha estratexia que actuará de xeito preditivo, adiantándose na detección de factores de risco de diferentes enfermidades e optimizando os servizos de vixilancia epidemiolóxica

15/06/2023 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina 3,3 M€ á urbanización residencial de Pedralonga para acoller aos afectados polas expropiacións do novo hospital público da Coruña

A proposta, recollida no Proxecto de Interese Autonómico do Novo CHUAC, reserva chan para 17 vivendas unifamiliares, zonas verdes, área comercial, aparcadoiros e un novo viario residencial con preferencia para peóns e ciclistas

14/06/2023 | 20:00 | C. de Sanidade

Comesaña incide na prevención dos factores de riscos da arteriosclerose e insiste na necesidade de fomentar os hábitos de vida saudables

O conselleiro de Sanidade, inaugurou esta tarde na Coruña o XXXV Congreso da Sociedad Española de Arteriosclerosis, no que expertos nacionais avalarían a situación actual e as perspectivas de futuro na abordaxe desta patoloxía

14/06/2023 | 19:26 | C. de Sanidade

A Xunta recibe solicitudes de persoal médico doutras comunidades para incorporarse á atención primaria galega a través de concurso de méritos

O conselleiro de Sanidade destaca no Parlamento que o Sergas ten xa en marcha o proceso para cubrir outras 72 prazas de facultativo especialista en atención primaria cubertas por concurso de méritos