Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

22/06/2023 | 17:04 | C. de Sanidade

A Xunta procura no mercado solucións innovadoras para a detección precoz de cancros e enfermidades mentais

O Plan de Innovación Sanitaria do Sergas PRECISAÚDE, que hoxe presentou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tamén pretende atopar biomarcadores para os tratamentos da obesidade, sistemas de simulación para ao tratamento das paradas cardiorrespiratorias, plataformas de xestión de datos ómicos, ou novas terapias celulares avanzadas

21/06/2023 | 18:59 | C. de Sanidade

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas participa nunha Xornada Sobre a Xestión das Enfermidades Crónicas

A reunión celebrouse na sede do Colexio de Médicos de Sevilla, e está dirixida a profesionais, xestores e representantes da Administración do sector sanitario

21/06/2023 | 18:08 | C. de Sanidade

O Sergas expón en Santander as medidas adoptadas pola Xunta para cubrir as prazas de difícil cobertura

A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, participou esta mañá en Santander no XVI Encontro Interautonómico sobre protección xurídica do paciente

21/06/2023 | 12:44 | C. de Sanidade

A Xunta e o Comité cidadán antisida da Coruña colaborarán na prevención e a detección precoz da infección polo VIH e a hepatite C en zonas de ocio

Procederase á realización dun programa piloto dunha duración de seis meses, que se levará a cabo a través dunha unidade móbil (ViHxía móbil), e para o que Sanidade achegará a CASCO un total de 18.000 euros

20/06/2023 | 13:17 | C. de Sanidade

A Xunta premia o mellor vídeo de divulgación sobre ensaios clínicos na primeira edición de Reimaxina a Ciencia en Galicia

Esta primeira edición contou ca participación 1.047 alumnos e alumnas, pertencentes a 33 institutos galegos, dos que seis grupos foron seleccionados como finalistas

20/06/2023 | 10:13 | C. de Sanidade

A Xunta completa a renovación das súas tres unidades de resonancia magnética móbil

A actualización destes equipos, realizada grazas aos fondos europeos do Plan Inveat, permite unha notable mellora na obtención de resultados

19/06/2023 | 17:47 | C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

Galicia esixe ao Goberno central unha folla de ruta completa para a mellora da atención temperá

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, votaron en contra da proposta do Executivo central, por considerala inacabada e que podería responder a intereses electorais

19/06/2023 | 16:05 | C. de Sanidade

O Sergas adianta o acceso á carreira profesional dos profesionais en formación

A Comisión de seguimento de carreira profesional acordou, o pasado venres, que o persoal residente en formación no Sergas (MIR, EIR; PIR; FIR..) poderá acceder, nos seus últimos anos de formación, ao grao inicial de carreira profesional

19/06/2023 | 10:32 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 74 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 16 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 18 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico

18/06/2023 | 12:40 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade reforza o asesoramento á hostalaría de Betanzos sobre a restrición da auga da traída municipal

O departamento sanitario galego reforzará, a partir do luns, 19 de xuño, o asesoramento aos hostaleiros deste concello mediante unha liña telefónica directa de atención coa asociación de hostaleiros