Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 938 novas da área temática Agricultura e gandería:

14/02/2023 | 10:49 | A Presidencia da Xunta

Asoporcel inaugura en Madrid Crónica da pegada do porco celta en Galicia, unha exposición fotográfica sobre a evolución da raza no último século

A través de medio cento de instantáneas, a mostra relata a traxectoria do Porco Celta dende inicios do século XX e recolle os principais fitos acadados por Asoporcel para a súa recuperación

13/02/2023 | 19:01 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo caso de ave silvestre afectada por gripe aviaria

O novo caso positivo corresponde a unha gaivota recollida no concello lucense de Xove, que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral

12/02/2023 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a aposta pola gandaría de vacún en extensivo na aldea modelo de Reboredo, no Pereiro de Aguiar

O conselleiro comprobou en persona esta iniciativa que vai da man da cooperativa Gandaría SMAD, e que permite xerar riqueza ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais

11/02/2023 | 16:05 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a provincia de Ourense supuxo un terzo dos pasteiros realizados desde o ano 2020, os cales actúan como ferramenta clave na prevención de incendios forestais

José González lembrou que o Plan de pastos prevé actuar nunha superficie total de 2.250 hectáreas en toda Galicia, o que suporá un investimento de 9,5 millóns de euros

10/02/2023 | 17:45 | C. do Medio Rural

A Xunta traslada á plataforma de produtores de agricultura ecolóxica as melloras previstas para consolidar este xeito de produción no próximo período da PAC

O conselleiro do Medio Rural explicoulles a representantes da plataforma que case se triplicará o presuposto de 2022 para agricultura ecolóxica, acadando os 9 millóns anuais xa neste exercicio e ata os 45 millóns no vindeiro período da PAC

10/02/2023 | 15:22 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte cunha delegación portuguesa a ferramenta das aldeas modelo

A delegación foi recibida por membros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que os acompañaron durante a súa visita ás aldeas modelo de Trascastro, no concello do Incio; e de Meixide, no concello da Veiga

10/02/2023 | 15:09 | C. do Medio Rural

A Xunta executou desde 2020 arredor de 1.200 hectáreas dentro do Plan de pastos de Galicia cun investimento de case 5 M€

O titular de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, avanzou que está previsto rematar a finais deste ano outras 308 hectáreas, sumando outros 2 millóns de euros máis ao orzamento destinado a esta finalidade

09/02/2023 | 21:09 | C. do Medio Rural

A Xunta reúnese con viticultores en Salvaterra de Miño para traballar nas medidas fronte á flavescencia dourada da vide

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, vén de reunirse en Salvaterra con viticultores da denominación de orixe Rías Baixas para informalos das medidas que se están a tomar fronte a este organismo

09/02/2023 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta puxo en valor a Lei de recuperación agraria nunha xuntanza informativa no concello da Bola

A Consellería do Medio Rural ofreceu unha charla informativa sobre os obxectivos desta Lei, comprometida co avance na recuperación da actividade económica e social de terreos abandonados