Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

30/05/2023 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras da 2ª fase de acondicionamento da estrada AC-862, entre o campo do hospital e A Ponte Mera, cun investimento de máis de 6 M€

A intervención, que ten un prazo de execución de 18 meses, iniciouse con traballos previos de roza e movemento de terras
 

30/05/2023 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 395.000 € as obras da nova pasarela peonil na estrada PO-244, na contorna do colexio Santiago Apóstol de Soutomaior

Mellorarase o itinerario de circulación peonil na vía autonómica, substituíndo a actual pasarela de madeira sobre pilotes do mesmo material, fincados no terraplén

30/05/2023 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o Plan de medidas correctoras para reducir a afección acústica xerada pola rede de estradas autonómicas, ás que destinará case 8,2 M€

O Plan de acción determina as intervencións prioritarias no caso de superación dos obxectivos de calidade acústica a partir da información proporcionada polos Mapas Estratéxicos de Ruído

30/05/2023 | 13:34 | C. de Sanidade

A Xunta avanza na reforma da UCI do CHUO que aumentará un 30% as camas cun investimento de 8,2 M€

O Sergas finalizará en xuño a primeira fase, trasladando a UCI ao novo espazo para proceder á reforma das instalacións actuais

30/05/2023 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Obras de mellora no exterior do edificio administrativo da Xunta en Prado Lonia

O delegado territorial en Ourense explicou que as actuacións, cun investimento de máis de 90.300 euros, consistiron na creación dun novo itinerario peonil dende a rúa Villaamil e Castro ata a entrada do edificio, facilitando no seu perímetro un aparcadoiro mais cómodo e accesible
 

30/05/2023 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación do proxecto de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas

As melloras realizaranse en 14 vías autonómicas ao paso polos concellos de Ames, Brión, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Santa Comba, Vimianzo e Zas

29/05/2023 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 790.000 € as obras de execución do aparcadoiro disuasorio na estrada autonómica PO-551 en Domaio, no concello de Moaña

Habilitarase un aparcadoiro de 75 prazas nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do existente na marxe dereita desta vía, no punto quilométrico 33+250

28/05/2023 | 11:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará a vindeira semana actuacións de acondicionamento nas marxes de 3 estradas autonómicas nas comarcas de Bergantiños, Lemos e Pontevedra

Na provincia da Coruña, as tarefas desenvolveranse na estrada AC-552, ao paso polos concellos de Carballo e Coristanco

28/05/2023 | 10:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta rematará esta semana as obras de mellora do firme da autoestrada AG-55, que fan necesarios cortes de ramais en horario nocturno a partir de hoxe

Retómanse os traballos suspendidos no outono polas condicións climatolóxicas, para finalizar agora o acondicionamento

26/05/2023 | 16:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora das paradas de autobús no núcleo das Rañeiras, parroquia de Lestón, no concello da Laracha

Dotarase de maior seguridade e accesibilidade a contorna das paradas, instalando marquesiñas, postes, bancos e o apoio isquiático