Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

02/06/2023 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 2,3 M€ as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas na área da Coruña

Os traballos comezarán na primeira quincena do mes de xullo e teñen un prazo de execución de 6 meses

02/06/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta completa os primeiros 300 metros de tubaxe do colector da marxe esquerda do Pontiñas, no marco das obras de mellora do saneamento de Lalín

Unha vez acometidos os traballos previos de implantación e replanteo, acométese a execución do colector interceptor da marxe esquerda do río

02/06/2023 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Cabana de Bergantiños colaboran achegando máis de 1,3 M€ para dotar de abastecemento os núcleos de Nantón e Anos e garantir o subministro ao municipio

O Goberno galego achegará o 90% do orzamento, máis de 1,22 millóns de euros e executará as obras, que o Concello cofinanciará con máis de 136.000 euros, o 10% restante, ademais de poñer os terreos á disposición

01/06/2023 | 14:58 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta aproba o proxecto de trazado dos accesos ao novo Hospital público da Coruña, que suporán un investimento de máis de 24 M€

Resaltou que as obras, que comprenden o anel de circulación ao redor do Novo CHUAC e a configuración das entradas ao complexo, vanse realizar “garantindo o tránsito durante os 24 meses de execución”

01/06/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda peonil na rúa Ourense e na súa conexión coa avenida 25 de Xullo, nos concellos de Maside e do Carballiño

Os traballos, aos que se destinan un investimento de case 50.000 €, teñen por obxectivo mellorar a accesibilidade do tránsito peonil nas marxes desta rúa coincidente co treito de 230 metros da estrada N-541a, e na súa unión coa avenida 25 de Xullo

01/06/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 1,7 M€ as obras da 1ª fase de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha

Esta intervención, cun prazo de execución de 8 meses, céntrase na ampliación da potabilizadora e na execución dun bombeo e un novo depósito de auga potable

31/05/2023 | 15:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 115 M€ en 6 anos na mellora dos firmes das estradas autonómicas para garantir a conservación e reforzar a seguridade viaria

Vázquez Mourelle salienta que a Xunta leva licitadas este ano obras de mellora do firme por importe de 20,5 M€, no marco do Plan de reforzos de firme, en marcha desde 2016

31/05/2023 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a modificación do Regulamento xeral de estradas de Galicia que optimiza a xestión das vías e simplifica a interpretación da normativa

Trátase do decreto que adapta os preceptos do Regulamento aos cambios producidos na Lei de Estradas e favorece a súa aplicación práctica por parte da Xunta e das deputacións provinciais

31/05/2023 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a construción dunha glorieta elíptica na intersección da estrada PO-331 no alto de San Cosme, nos concellos de Vigo e de Mos

A intervención, cun investimento de 40.000 €, reforza a seguridade dos xiros neste punto no que conflúe a PO-331 coas vías de acceso á Universidade de Vigo, ao núcleo de Erville e a outros equipamentos da contorna

31/05/2023 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación do proxecto de mellora de 40 paradas de autobús situadas en estradas autonómicas nas rutas de acceso á cidade de Ourense

As melloras levaranse a cabo en 9 estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Ourense, Petín, A Rúa, Verín e Viana do Bolo