Actualidade
Buscador de novas
A Xunta incorpora desde mañá preto de 1.000 traballadores de seis meses ao operativo de prevención e extinción de incendios forestais
Esta incorporación faise efectiva todos os anos antes da chegada do verán, de acordo coas necesidades de programación e planificación
O Issga promove oito obradoiros gratuítos para a prevención de riscos no coidado a persoas dependentes
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral incide nesta actividade altamente feminizada que adoita desenvolverse en domicilios particulares
A Xunta inviste preto de 489.000 euros en axudas a concellos de Ferrolterra para a contratación de 35 persoas perceptoras da Risga
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora con 11 concellos da zona na contratación de 35 persoas desempregadas
A Xunta pon en valor o grupo de traballo co sector forestal para mellorar a seguridade e saúde laboral e sinala a importancia das medidas de prevención
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, clausurou hoxe a xornada organizada por Lugo Madera para conmemorar o Día mundial da seguridade e saúde no traballo que se celebra hoxe
Lorenzana insta ao Estado a transferir os fondos de recuperación non executados para apoiar o emprego xuvenil e formar persoas en sectores estratéxicos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asistiu no Ministerio de Traballo á xuntanza da 83ª Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais
O ISSGA ofrece formación sobre novos riscos laborais que afectan aos traballos de instalación e mantemento de paneis solares
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) celebrou hoxe unha xornada co foco posto nesta actividade en auxe, no marco dos actos de conmemoración do Día mundial da seguridade e a saúde no traballo
Lorenzana sinala a importancia de fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as rapazas desde idades temperás para que elixan os estudos “sen prexuízos”
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe por videoconferencia na apertura da xornada organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia con motivo do Día Internacional das Rapazas nas TIC
A Xunta colabora cos concellos na contratación de case 600 persoas desempregadas perceptoras da Risga
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste este ano case 7,7 millóns de euros para financiar os custos laborais durante 9 meses das persoas incorporadas
A Xunta avanza na elaboración da futura Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo da man dos axentes sociais
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou en Madrid nunha xornada sobre a estratexia estatal de seguridade e saúde laboral, onde destacou a contribución de Galicia a ese documento como representante das CCAA