Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

20/01/2023 | 14:18 | C. de Economía e Industria

Conde apunta que os premios Bioga reivindican o talento do sector biotecnolóxico en Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, clausurou hoxe o acto de entrega destes galardóns, onde subliña que o reto está en conseguir que a biotecnoloxía e as empresas biotech teñan cada vez maior impacto na economía galega

20/01/2023 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ames a importancia da diversificación para impulsar a mellora competitiva do tecido empresarial

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Alfonsín Digital, empresa de Bertamiráns especializada no sector audiovisual que, grazas ao programa Galicia Inviste, implementou a tecnoloxía HDR Dolby Vision

20/01/2023 | 11:04 | C. de Economía e Industria

O Concello de Vilamarín leva mobilizado 1,15 M€ en obras de mellora do parque empresarial grazas ás axudas concedidas pola Xunta de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá o polígono de Tamallancos que realizou melloras na xestión de residuos e na seguridade

19/01/2023 | 18:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda apela á implicación conxunta do tecido produtivo e da sociedade para reclamar ao Goberno central un impulso real ao Corredor Atlántico

Salienta o cumio no que Galicia, Asturias e Castela e León reivindicarán infraestruturas esenciais para o desenvolvemento do noroeste peninsular

18/01/2023 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o Observatorio da Industria Aeroespacial será clave para identificar novas oportunidades para os vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Vigo na clausura da Asemblea Xeral Extraordinaria do Consorcio Aeronáutico Galego

17/01/2023 | 13:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a internacionalización da artesanía de Galicia no mercado nórdico a través da súa participación na feira profesional Formex

A Fundación Artesanía de Galicia regresa á feira profesional Formex, que se celebra en Estocolmo ata o venres, cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea que reúne o traballo de 37 obradoiros artesanais

17/01/2023 | 13:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia abre mañá o prazo para que se poidan adherir entidades colaboradoras ao programa de axudas para a renovación de electrodomésticos

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, presentou esta mañá a nova edición de Galicia Renova Electrodomésticos que este ano contará cun orzamento de 3 millóns de euros

17/01/2023 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta valora a adhesión de Cantabria á aplicación Contaláctea de cálculo de custos de produción que permite mellorar a negociación dos prezos do leite

A adscrición de Cantabria a esta ferramenta informática plasmouse nun convenio de colaboración asinado coa Xunta, que ten como obxectivo facilitar que os gandeiros cántabros poidan beneficiarse tamén das súas múltiples vantaxes

16/01/2023 | 13:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda ratifica o apoio da Xunta ás pemes co investimento de 11 M€ en centros de fabricación avanzada que reforzan a competitividade con infraestruturas compartidas

Referenda o compromiso do Goberno galego cos proxectos estratéxicos previstos para Ferrolterra e demanda ao Goberno central unha aposta clara pola comarca na asignación dos fondos europeos

15/01/2023 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Sogarpo a Axenda Financeira que en 2023 contará con 140 M€ para o tecido produtivo galego

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde destacou o papel que as sociedades de garantía recíproca desempeñan na xestión de solicitudes da liña de reavais do Goberno galego