Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

06/07/2023 | 13:56 | C. de Sanidade

A Xunta inicia a construción do novo centro de saúde de Moaña, cun investimento de 8,3 millóns de euros

A obra iníciase menos dun ano despois da cesión efectiva da parcela por parte do Concello de Moaña e contará cun prazo de execución de 15 meses

06/07/2023 | 13:12 | C. de Sanidade

Os equipos de enfermaría a domicilio do sergas realizaron xa máis de 32.000 consultas

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, fixo balance do servizo desde a súa implantación en decembro de 2022 na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego

05/07/2023 | 15:02 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Frades investirán 48.000 euros nas reformas do centro de saúde de Ponte Carreira e do consultorio de Abellá

Conselleiro e alcalde asinaron os convenios para reformar integralmente a cuberta do centro de saúde de Ponte Carreira e executar a substitución dos toldos e a impermeabilización da cuberta no consultorio de Abellá

04/07/2023 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta poñerá en marcha este mes de xullo o novo Hospital Público da Coruña, licitando as primeiras obras por máis de 63 M€

Vázquez Mourelle salienta que en poucos días se licitará a Torre Polivalente, que superará os 37 M€ de investimento; os accesos, con concurso de proxecto e obra por 25 M €; e a demolición do Hotel do Doente, con máis de 1 M€ de orzamento

03/07/2023 | 20:19 | C. de Sanidade

Comesaña destaca a capacidade investigadora de José Luis Mascareñas Cid, novo membro da Real Academia de Farmacia

O conselleiro de Sanidade salientou as contribucións do doutor Mascareñas Cid no desenvolvemento da química biolóxica

03/07/2023 | 14:18 | C. de Sanidade

Galicia, primeira comunidade autónoma en contar cun proceso asistencial integrado do déficit de Alfa-1 Antitripsina

O novo proceso asistencial (PAI) contribuirá ao diagnóstico precoz desta patoloxía e a homoxeneizar a atención destes pacientes en todo o Servizo Galego de Saúde

03/07/2023 | 10:32 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 73 persoas por 56 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 30 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 2 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico

30/06/2023 | 18:23 | C. de Sanidade
30/06/2023 | 11:58 | C. de Sanidade