Actualidade
Buscador de novas
A Xunta comeza os traballos de desmontaxe dos peitorís da ponte de Ponte Arnelas para avanzar cara a súa reconstrución
Tras a desmontaxe do entarimado, a retirada dos primeiros peitorís está a levarse a cabo entre o arco e as pilas máis próximas ao río, cun control topográfico intensivo
A Xunta convoca para xuño e xullo ós propietarios dos terreos necesarios para executar o tramo do eixe de mobilidade sostible da cidade de Ourense desde Os Remedios ata Expourense
O levantamento de actas previas terá lugar o vindeiro día 13 de xuño e a formalización das actas de ocupación será o 31 de xullo no Centro Cívico da Ponte
A Xunta remata as obras da nova senda entre A Ponte e Santa Cataliña, en Santa Comba, cun investimento de 177.000 €
Executouse un novo itinerario peonil de 450 metros de lonxitude pola marxe dereita da estrada autonómica AC-404, que une as zonas de beirarrúas previamente existentes conformando un percorrido continuo que conecta os principais equipamentos
A Xunta comezará esta semana novos traballos de acondicionamento e roza nas marxes de 2 estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa e de Verín
Na provincia da Coruña, as novas tarefas desenvolveranse na estrada AC-840 no concello de Boimorto
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Gondomar
Os traballos, adxudicados por 40.000 €, inclúen a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo
A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao Rego Taboeiros, no concello de Ribadumia
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais
A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación industrial do concello de Bueu
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control
A Xunta recibe 7 ofertas para executar a mellora do firme na PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente, que suporá un investimento de preto de 3,3 M€
Os traballos, cun prazo de execución de 9 meses, incluirán a rehabilitación da capa de rodaxe, o acondicionamento de interseccións ou a mellora da drenaxe
Este luns comezará a funcionar a nova liña de autobús da Xunta entre Vigo, O Porriño e os polígonos industriais da Granxa e das Gándaras
O novo servizo dará resposta ás necesidades de mobilidade daquelas persoas que se despracen por motivos laborais cara a estes parques empresariais
A Xunta adxudica por 1,9 M€ as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas na provincia de Lugo
As actuacións comezarán a finais de xuño ou comezos de xullo e desenvolveranse ao longo de 6 meses que teñen de prazo para a súa execución