Actualidade
Buscador de novas
O Sergas adapta as bases do procedemento do concurso de traslados do persoal estatutario para incentivar a cobertura de prazas de médicos nos hospitais comarcais
Co obxecto de impulsar a provisión de postos de difícil cobertura, os servizos prestados por facultativos especialistas nos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e O Barco de Valdeorras, computarán o triplo no concurso de traslados
O Polo Lugo Sur asesora 26 proxectos emprendedores impulsados por 28 persoas desde Monforte de Lemos
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe nunha xornada de intercambio de boas prácticas e de impulso das oportunidades de negocio do territorio galego
Xunta e Escuela de Organización Industrial asinan un acordo marco para impulsar en Galicia o traballo autónomo, o emprendemento e a economía social
O Goberno galego aspira a dinamizar as oportunidades de creación de emprego, a partir de fondos europeos e estatais, a través da aceleración de iniciativas innovadoras, a atracción de talento feminino e o fomento do traballo no eido do cooperativismo
Rueda anuncia un novo programa de emprego que fará un seguimento máis personalizado a persoas con dificultades para atopar un traballo para integralas no mercado laboral
Resaltou a posta en marcha dun “pioneiro” Programa de seguimento intensivo da demanda de emprego que busca atopar as casuísticas concretas que están dificultando a determinados perfís a súa incorporación a un posto de traballo
Galicia acada a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos, sinalando a “coherencia” das cifras, ao baixar o desemprego e crecer as afiliacións na evolución anual e mensual
A Xunta lanza unha nova convocatoria con 39 M€ para que os concellos desenvolvan obradoiros duais para persoas desempregadas no período 2023-2024
Prevese a celebración de máis de 70 accións para unhas 1.400 persoas, entre as que se priorizará a colectivos con dificultades no acceso ao traballo como mulleres, retornados, vítimas da violencia de xénero ou parados de longa duración
A Xunta avoga pola reciclaxe formativa e o benestar laboral para atraer forza laboral na procura dun tecido empresarial máis competitivo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na presentación en Galicia dos resultados do informe de Amazon e AJE Galicia ‘Nuevas tendencias laborales en España’
A Xunta apoia con máis de 67.000 € tres programas de iniciativa social dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade en Ferrolterra
Entre as 52 entidades galegas beneficiarias desta convocatoria de axudas atópanse as asociacións Síndrome de Down Teima Ferrol, Acción Familiar (AFA) Ferrol e Tempus
A reedición do Plan autonómico Emprega Discapacidade e Exclusión Social conta este ano con máis de 44 M€ para impulsar contratos e formación
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe o programa de inserción laboral e economía social que, con cargo a fondos europeos, desenvolven en Galicia Secretariado Gitano, Cáritas, Cruz Vermella e Inserta Galicia