Actualidade
Buscador de novas
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, recibe a Medalla de Ouro da Estrada ao Mérito Persoal 2023
Menéndez remarca a utilidade do traballo da mesa de Directores Xerais como foro de debate e colaboración entre Comunidades Autónomas e Deputacións Forais
A renovación do firme no enlace de Santiago sur da autovía AG-56 fará necesarios cortes de tráfico en distintos ramais a partir do luns
Os traballos acometeranse neste enlace ao longo de dúas semanas, en horario comprendido entre as 08,30 e as 20,30 horas
A Xunta adxudica as obras dunha senda peonil na estrada AC-240 en Touro, que amplía e dá continuidade ao itinerario entre Burres e Ponte Ulla
A actuación adxudicouse por preto de 50.000 euros e comezará a executarse nas vindeiras semanas
A Xunta adxudica por 2 M€ as obras de mellora de 51 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade de Lugo
Acondicionaranse as paradas de autobús situadas en 15 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia
A Xunta inicia os traballos de substitución dunha obra de paso para aumentar a capacidade de drenaxe na estrada LU-636 en Sarria
As tarefas precisan dun corte da calzada, polo que se habilitou un desvío entre os puntos quilométricos 3+630 e 3+990
A Xunta aproba o proxecto construtivo do eixe de mobilidade sostible entre Mollabao e Os Praceres, en Pontevedra, que prevé un investimento de case 6,7 M€
Esta actuación central na estrada PO-546 consiste na execución dun itinerario de 3,5 km de lonxitude, co obxectivo de transformar a estrada nunha rúa e mellorar a súa funcionalidade, facilitando o tránsito de peóns, ciclistas e transporte público
A Xunta recibe 13 ofertas para executar o primeiro treito da prolongación da autovía AG-59 entre Santiago e A Estrada, que suporá un investimento de máis de 33 M€
Das 13 ofertas presentadas para executar estas obras 10 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 23 empresas
A Xunta asina o convenio para asumir a titularidade da AC-12 e facilitar os accesos ao novo hospital público da Coruña
Trátase do tramo da AC-12, entre os puntos quilométricos 1+600, na intersección da avenida de Oza coa vía de servizo, e o 4+160, pasado o enlace na Ponte Pasaxe
A Xunta recibe 11 ofertas para executar a senda peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa PO-504 entre O Vinquiño e Contumil, no concello de Sanxenxo
Trátase de habilitar un itinerario de 380 metros para unir ambas as marxes da autovía e resolver a barreira que supón para a mobilidade a alta densidade de tráfico que rexistra a zona
A Xunta pídelle ao goberno que tome conciencia da grave situación da A-6 un ano despois do colapso e acceda á reconstrución simultánea de ambos os viadutos
A Xunta solicitoulle novamente hoxe por carta ao Ministerio de Transportes que rectifique e acometa pola vía de emerxencia a reconstrución conxunta dos 2 viadutos