Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publicará a vindeira semana a oferta de emprego para cubrir 420 prazas de persoal sanitario que inclúe dúas de medicina de familia e unha de pediatría para o centro de saúde de Vilagarcía
Así o sinalou o conselleiro de Sanidade, no Parlamento de Galicia, nunha resposta a un dos grupos da Cámara referida á situación da atención primaria en Vilagarcía de Arousa
O Sergas publica as listas definitivas de admitidos ás probas selectivas para o acceso á categoría de enfermería, e ás clases de ATS/DUE e Inspector/a médico de persoal funcionario sanitario
Un total de 11.434 persoas resultaron admitidas para os exames da fase de oposición que se celebran o 24 e 25 de xuño, no Recinto Feiral de Silleda
A Xunta conta xa con 100 ofertas laborais para que galegas e galegos no exterior poidan volver a Galicia no marco do programa Retorna Cualifica Emprego
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no segundo encontro virtual entre empresas e persoas candidatas celebrado na Coruña en colaboración coa Fundación Venancio Salcines
A Xunta utilizará a intelixencia artificial no novo sistema EMI co que as oficinas de emprego axustarán os perfís ás demandas reais do mercado
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na clausura da II Feira de Emprego da Escola de Relacións Laborais da Coruña ‘A intelixencia artificial na contorna laboral’
Promoción do Emprego e Igualdade participa na feira virtual de emprego da USC cun expositor no que divulga os apoios da Xunta ao emprendemento e á economía social
A Xunta toma parte neste escaparate en liña para dar a coñecer á comunidade universitaria as posibilidades que brinda a nova Rede de polos de emprendemento e a Rede Eusumo coa que se impulsa o cooperativismo e outras fórmulas da economía social
Lorenzana sinala que a nova ferramenta tecnolóxica, EMI, que sincronizará oferta e demanda en tempo real porase en marcha este mes en tres oficinas piloto
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, deu hoxe conta no Parlamento da execución do Plan de acción en materia de emprego para 2023
Galicia súmase ás iniciativas da UE para celebrar o Ano Europeo das Competencias
A Comisión Europea celebra hoxe o inicio oficial do Ano cun evento híbrido no que se incidirá na necesidade de que as traballadoras e traballadores se formen nas capacidades axeitadas para dar resposta á transformación do mercado de traballo
A Xunta aplaude o apoio da Eurocámara á proposta de Galicia que permitirá axudar con 1,5 M€ a 300 persoas despedidas de Alu Ibérica a atopar emprego
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentou ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) un programa de formación, orientación e asesoramento personalizado que porá en marcha da man dos axentes sociais
A nova estratexia de seguridade e saúde laboral que a Xunta deseña cos axentes sociais dará resposta aos riscos derivados das novas formas de traballo
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, inaugurou hoxe unhas xornadas no Campus de Ferrol sobre a prevención de riscos no teletraballo