Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

03/02/2023 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre dúas liñas de axuda para apoiar o tecido empresarial en proxectos de economía circular e con préstamos directos

Estas dúas liñas de apoios están abertas desde este mes e suman en total preto de 20M€
 

01/02/2023 | 16:07 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda enxalza o papel das empresas para tirar proveito das oportunidades do rural galego en materia de turismo

Avanza que o turismo galego acadou o ano pasado un récord histórico que permitiu recuperar as cifras de antes da pandemia

31/01/2023 | 16:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta pola colaboración público-privada para sacar proveito das oportunidades que se lle presentan a Galicia

Reclama “unidade” para saldar as “débedas” coa Comunidade e “apoio” ás empresas que crean riqueza

30/01/2023 | 15:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno ten os fondos europeos nun punto morto e non dá resposta aos proxectos transformadores cos que conta Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reclamou na V Conferencia sectorial para a mellora regulatoria e o clima de negocios unha cogobernanza efectiva e real coas Comunidades Autónomas

29/01/2023 | 10:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As asociacións de entidades da economía social poden solicitar as axudas para o seu funcionamento ata o próximo 23 de febreiro

A Xunta de Galicia destina 330.000 euros este ano para dar cobertura aos gastos das entidades asociativas que representan ás cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego

28/01/2023 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme coas que se prevé mobilizar 6 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Ourense a tenda Angelo Milano, que participou nunha edición anterior desta iniciativa que facilita a incorporación de equipamento máis eficiente e a redución da factura eléctrica dos establecementos

27/01/2023 | 15:00 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta avoga por reforzar a colaboración público-privada para impulsar a dixitalización

A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) asistiu hoxe á conferencia “A Administración dixital e as implicacións da dixitalización no sector privado”, no marco das actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP)

27/01/2023 | 13:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola cooperación para impulsar un ecosistema que mesture talento e innovación para mellorar a competitividade do tecido empresarial

Os directores do Igape, Fernando Guldrís, e de XesGalicia, Rubén Aguión, manteñen un encontro con membros do equipo directivo de Enisa (Empresa Nacional de Innovación)

26/01/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove o compromiso social das pemes co programa ‘Responsabilízate’, no que participan oito firmas lucenses

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacaron a aposta de negocios como Ramil Incubación Avícola por adoptar medidas de sostibilidade ambiental e de mellora da contorna laboral