Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

14/07/2023 | 12:19 | C. de Sanidade

A Xunta completa a instalación de sete novos equipos TAC de tecnoloxía espectral nos hospitais públicos galegos

O conselleiro de Sanidade visitou o servizo de Radioloxía do CHUAC no que se instalou o último destes sete aparellos tras un investimento total de 8,2 millóns de euros

13/07/2023 | 18:54 | C. de Sanidade
13/07/2023 | 15:10 | C. de Sanidade

O Sergas publica a baremación provisional dos médicos de familia que participan no proceso de concurso de méritos

O DOG publica a baremación provisional da categoría de médico/a de familia de atención primaria e a relación definitiva de admitidos no proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos.

12/07/2023 | 15:27 | C. de Sanidade

Galicia actualizará a abordaxe da Enfermidade Obstrutiva Crónica Pulmonar (EPOC) para reducir o seu infradiagnóstico entre as mulleres

O Sergas presenta un novo proceso asistencial integrado desta patoloxía elaborado con perspectiva de xénero ante a evidencia dun infradiagnóstico feminino 20 puntos por riba do dos homes

12/07/2023 | 14:17 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes ás ambulancias da rede transporte sanitario urxente incluso á marxe das convocatorias de folga

Ás 82 ambulancias asistenciais con picadas nas rodas nas xornadas de convocatoria de folga, súmanse, desde o 8 de xullo e ata hoxe pola mañá, outros 49 vehículos con picadas nas rodas

12/07/2023 | 11:07 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a convocatoria do concurso de méritos na categoría de persoal enfermeiro especialista en saúde mental

Convócanse 94 prazas por concurso de méritos para persoal enfermeiro especialista en saúde mental

11/07/2023 | 18:15 | C. de Sanidade

Xunta e Universidade de Santiago avaliarán a evolución do sobrepeso na poboación galega no marco do Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030

O conselleiro de Sanidade e o reitor da USC presentaron hoxe a nova Cátedra de Vida Saudable destinada a xerar evidencia científica e investigación sobre promoción da saúde

11/07/2023 | 18:06 | C. de Sanidade

A Xunta ofertará servizo de vídeo interpretación ás persoas xordas nas urxencias de todos os hospitais públicos de Galicia, os 365 días do ano, as 24 horas

A Consellería de Sanidade ultima os detalles dun convenio coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a creación dunha nova plataforma de comunicación destinada a atención das persoas xordas que acudan a calquera dos servizos de urxencias dos hospitais públicos de nosa comunidade

11/07/2023 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta contribúe con 140.000 euros a apoiar á asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra na asistencia a pacientes con trastornos adictivos

A entidade resultou beneficiaria dunha achega da Consellería de Sanidade de preto de 6.500 euros para financiar un programa de reinserción laboral