Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

14/06/2023 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a senda na estrada autonómica OU-300 ao paso polo concello da Bola

Executouse un itinerario de preto de 300 metros pola marxe esquerda da vía a partir do quilómetro 12+350 ata acadar o núcleo de Fruíme

13/06/2023 | 16:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza a adxudicación do contrato das obras para dotar de abastecemento distintos núcleos do Concello de Pantón por máis de 575.000 euros

Mediante esta intervención dotarase de subministro de auga potable a 240 veciños de 26 núcleos das parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, que na actualidade se abastecen de auga a través de pozos

13/06/2023 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta restablecerá o vindeiro martes os horarios e servizos da liña de autobús Canicouva-Pontevedra tras finalizar o peche na estrada provincial EP-001

A duración da viaxe reducirase en 10 minutos, unha vez superada a necesidade de realizar desvíos por mor das obras da autovía estatal A-57

13/06/2023 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a renovación das beirarrúas do tramo urbano da estrada PO-226 en Moraña, cun investimento de 387.000 euros

Actuouse no treito de 300 metros da vía autonómica, desde a intersección que dá acceso á Casa do Concello ata a chegar ao límite do casco urbano

12/06/2023 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/06/2023 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Clúster da Función Loxística de Galicia colaboran para impulsar o Corredor Atlántico Noroeste e contribuír a que Galicia sexa un polo de transporte de mercadorías de referencia global

O Goberno galego financiará con 140.000€ as actuacións que desenvolva o Clúster para o fomento do Corredor Atlántico ata 2025, coincidindo cun período esencial dentro dos prazos da UE para o desenvolvemento da súa rede prioritaria de transporte

12/06/2023 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación do proxecto de trazado dos accesos ao novo hospital público da Coruña

Trátase do anel de circulación ao redor do Novo CHUAC e da configuración das entradas ao complexo, que garantirá tamén o tránsito durante as obras

11/06/2023 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas nas provincias da Coruña e de Pontevedra

Na provincia da Coruña, as novas tarefas desenvolveranse na estrada AC-550 ao seu paso polos concellos de Cee, Muros e Noia

10/06/2023 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras dunha nova senda peonil na estrada autonómica PO-548 en Catoira

A actuación, cun investimento de case 48.300 €, iniciarase nas vindeiras semanas