Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

09/02/2023 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

As axudas da Xunta para o Plan Galicia Renova electrodomésticos mobilizaron preto de 600.000 € en Ferrol, Eume e Ortegal na última edición

A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou esta mañá un dos establecementos adheridos a esta campaña que en 2022 concedeu 1.070 axudas nos municipios da comarca por valor de 153.000 euros

08/02/2023 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove o investimento empresarial para que pemes e autónomos impulsen novos proxectos, diversifiquen produtos e melloren liñas de produción

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Lau Creaciones, empresa de Santiago de Compostela dedicada á comunicación gráfica que, grazas ao programa Galicia Inviste, adquiriu unha nova prensa dixital que lle permite competir en prezo, calidade e capacidade produtiva no mercado actual

08/02/2023 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude do programa Galicia Renova Electrodomésticos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Monforte de Lemos Electrodomésticos Domínguez, un dos 419 establecementos que xa están adheridos
 

07/02/2023 | 18:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda que a decisión do Tribunal Supremo supoña unha oportunidade para o avance industrial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura que é unha boa nova para todos os traballadores e que demostra que industria e preservación do medio ambiente son compatibles

06/02/2023 | 15:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 435.100 € a 18 pemes lucenses para implementar proxectos de dixitalización

O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións de A Vida 013, que está a introducir un sistema integrado de xestión para o mellor control de todas as operacións de produción e administración

06/02/2023 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta asegura que empresas como TyM Ganain permiten a Galicia contar cunha industria auxiliar que dá soporte a sectores clave na transformación enerxética e dixital

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta compañía en Mos da que destacou a súa aposta pola diversificación, a innovación, a sustentabilidade e a internacionalización
 

05/02/2023 | 13:01 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a experiencia da compañía Siemens para contribuír aos retos tecnolóxicos e dixitais da industria de Galicia

O presidente da Xunta mantivo un encontro co novo conselleiro delegado e presidente de Siemens España, Agustín Escobar

04/02/2023 | 15:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta está a reforzar os apoios ao emprego autónomo que sumarán en 2023 máis de 65 M€

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe na Coruña o establecemento de venda de produtos sostibles para nenas e nenos Pinocchio y Cía e o restaurante Eclectic

03/02/2023 | 15:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a estabilidade da economía galega e a importancia de que administración e tecido empresarial traballen aliñados

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela nun xantar coloquio co presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi

03/02/2023 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia

O Diario Oficia de Galicia publica hoxe a convocatoria da Axencia Galega da Industria Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural, cun orzamento de 500.000 euros