Actualidade
Buscador de novas
A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes en 2 estradas autonómicas ao paso polos concellos de Brión, Noia, Muros e Cee
Os novos traballos desenvolveranse na vía de altas prestacións Brión-Noia e na estrada AC-550, nos municipios de Cee, Muros e Noia
A Xunta constitúe o xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia de 2023
Hai 78 propostas nas categorías de arquitectura, rehabilitación e sustentabilidade
A Xunta avanza no impulso do Novo CHUAC coa aprobación do proxecto de demolición do Hotel de Doentes, que suporá un investimento de 1,4 M€
O proxecto de demolición licitarase nas vindeiras semanas e ten como obxectivo o derribo do actual edificio que conta de 7.691 m2 divididos en 10 plantas
As obras de renovación do firme no tronco da AG-56 e no enlace de Bertamiráns-leste farán necesarios cortes na calzada dereita en dirección Brión esta vindeira semana
Estes traballos acometeranse entre o luns 19 e o venres 23 de xuño, polo que o tráfico será transferido á calzada oposta, en correspondencia coa zona de obras, como vía de dobre sentido
O Hospital Público Novo Montecelo de Pontevedra eríxese como exemplo de eficiencia e referente nacional e internacional en construción sostible
A sustentabilidade ambiental nesta obra, que está a transformar o concepto de edificio, avalada polo método BREEAM, fixa aforros do 73,4% en emisións de CO², do 12,8% en demanda enerxética, e do 37,8% e do 30% en consumos de enerxía primaria e de auga
A Xunta destina 3,3 M€ á urbanización residencial de Pedralonga para acoller aos afectados polas expropiacións do novo hospital público da Coruña
A proposta, recollida no Proxecto de Interese Autonómico do Novo CHUAC, reserva chan para 17 vivendas unifamiliares, zonas verdes, área comercial, aparcadoiros e un novo viario residencial con preferencia para peóns e ciclistas
A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada autonómica OU-636 entre Freixido e A Caseta, no concello de Larouco
Habilitouse na marxe dereita desta vía unha senda de formigón de 160 metros de lonxitude e ancho de 2,50 metros e outro itinerario das mesmas características na marxe esquerda, á altura da caseta do servizo de Conservación de Estradas da Xunta
A Xunta adxudica por máis de 305.000 euros as obras para a execución dunha senda peonil na estrada LU-617 en Toiriz, no concello de Pantón
A previsión é iniciar en xullo os traballos, cun prazo de execución de 6 meses
A Xunta reclama que o Goberno trate a A-6 como auténtica prioridade e destine os medios necesarios para a súa reconstrución completa con axilidade
Vázquez Mourelle reitera que reconstruír os dous viadutos de forma simultánea e pola vía de emerxencia é imprescindible para recuperar canto antes unha autovía estatal estratéxica para os intereses de Galicia
A Xunta colabora na promoción do Museo Galego do Ferrocarril cun investimento de 30.000€
O obxectivo do acordo é o mantemento do patrimonio industrial ferroviario do museo, con sede en Monforte de Lemos, promocionar as actividades de exhibición dos seus fondos e difundir os beneficios socioeconómicos e ambientais deste medio de transporte