Actualidade
Buscador de novas
A Xunta seguirá a estender as casas do maior e as casas niño a máis concellos galegos
Estanse a resolver as axudas para a posta en marcha de novas casas niño e hoxe mesmo remata o prazo para solicitar fondos para a creación de máis casas do maior
Lorenzana destaca o papel sobresaínte de Galicia co impulso dunha nova Lei de igualdade que recoñecerá a sustentabilidade social empresarial
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na entrega dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos universitarios en prol da igualdade
O Diario Oficial de Galicia publica mañá a nova convocatoria de accións formativas para cualificar unhas 23.000 persoas desempregadas
As accións, ás que a Xunta destina 70M€, serán impartidas por centros acreditados
Os concellos galegos dispoñen ata o 24 de maio para solicitar a celebración de obradoiros para persoas mozas nas anualidades 2023 e 2024
A Xunta destinará 6,4M€ no período para a celebración destas actividades por parte das entidades locais, soas ou agrupadas
As probas de competencia clave celébranse mañá en Silleda e a próxima semana na sede de Fademga de Santiago e en centros de menores e penitenciarios
O recinto feiral internacional da Fundación Semana Verde acollerá mañá a 17 edición da convocatoria destes exames que buscan mellorar as posibilidades de inserción profesional das persoas desempregadas
A Xunta colaborará na realización dunha nova edición do Proxecto GEM co que se avalía por rexións a nivel mundial a situación das persoas emprendedoras
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade asinará un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia para participar un ano máis no proxecto de España
As pemes galegas poden solicitar ata o 5 de xuño os apoios da Xunta para contratar xestores de internacionalización
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 1,3 millóns de euros a este programa co que se facilita a incorporación ao mercado laboral de profesionais con formación ou experiencia en comercio internacional co obxectivo de apoiar ao tecido empresarial na busca de novos mercados
A Xunta avalía co sector forestal a mellora da xestión preventiva dos riscos no traballo
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, mantivo unha xuntanza coa Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugomadera)
Xunta e Universidade de Santiago colaboran co centro de estudos cooperativos na realización de accións de investigación e formación no eido da economía social
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o reitor da USC, Antonio López, asinaron unha edición máis o convenio que establece as bases desta cooperación
Lorenzana presenta na oficina de emprego das Pontes o sistema ‘EMI’ que integrará a intelixencia artificial para mellorar o apoio ás persoas que buscan traballo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade mantivo hoxe un encontro co persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia da localidade