Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

26/06/2024 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a protección da paisaxe é clave para preservar as condicións ambientais que fan de Galicia un referente na loita contra o cambio climático

Paula Uría subliña que Galicia conta cunha ampla biodiversidade e unha meteoroloxía máis amable, que xunto, cunha paisaxe diversa, ofrecen unhas condicións ambientais que permiten paliar os efectos adversos do quecemento global

26/06/2024 | 12:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que ata o próximo domingo 30 de xuño está aberto o prazo para inscribirse no programa ‘Mentoring Traballo Autónomo’

En total, ofértanse 200 prazas para recibir mentorización, unha fórmula que persegue desenvolver o potencial dos traballadores autónomos participantes e xerar un mercado laboral máis forte

26/06/2024 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

O programa da Xunta Benestar en balnearios inclúe catro establecementos lucenses e ten a inscrición aberta ata o 17 de xullo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a convocatoria vai dirixida a persoas maiores de 60 anos e ofrece estancias de 10 días entre xullo e decembro en 15 instalacións de toda Galicia

26/06/2024 | 12:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que o acceso ao emprego dos mozos baixo o sistema de protección autonómico é clave para a súa inserción

O programa Mentor Rural facilita a transición á vida adulta dos menores en concellos do rural das provincias de Lugo e Ourense para que logren un desenvolvemento persoal e profesional pleno

26/06/2024 | 12:06 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos nos últimos anos 7,3 M€ destinados a máis de 3.600 axudas para deportistas de alto nivel

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que a convocatoria deste ano conta cun orzamento de 600.000 euros, dos que tamén se benefician os deportistas que participarán o próximo mes nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París

26/06/2024 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros destaca o compromiso da Xunta coa cultura da prevención a través da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia

A delegada territorial interveu esta mañá na clausura das xornadas técnicas ‘Seguridade e saúde laboral na industria’ organizadas por Asime

26/06/2024 | 11:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por tormentas na montaña de Lugo

O fenómeno adverso estará activo a partir desta tarde e pode estar acompañado de sarabia

26/06/2024 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a quenda de oficio en Galicia como pioneira en España e pide ao Goberno central reformar a Lei estatal de asistencia xurídica gratuíta

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou no Parlamento que a maioría das reivindicacións dos avogados e procuradores deste servizo son de competencia estatal

26/06/2024 | 10:53 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza na Coruña a coordinación policial para a vixilancia e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os incendios forestais