Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor as arredor de 2.400 persoas formadas en colaboración co Clúster TIC Galicia para nutrir este sector clave para a nosa economía
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na inauguración do ‘Connect & Talent Day’ organizado polo Clúster TIC co apoio da Xunta
Arranca en Santiago o XIII Congreso co que a Xunta conmemora os 900 anos de dignidade arcebispal a Compostela
O director de Turismo de Galicia inaugura o encontro no que máis de 30 expertos de sete países analizarán este fenómeno ante máis de 100 asistentes
A Xunta somete a información pública o Plan de xestión do Monumento Natural a Carballa da Rocha
Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá
A Xunta convoca as axudas para que os obradoiros artesáns abran novos mercados e aumenten vendas en feiras de ámbito nacional e internacional
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento da comercialización da artesanía, cun orzamento de 265.000 euros
O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de 11 categorías de persoal estatutario
Resultaron admitidas 3.833 persoas
A Xunta abre mañá a convocatoria das axudas a proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global executados polas ONGD
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para o financiamento de actividades relacionadas coa sensibilización, concienciación, formación e investigación sobre o desenvolvemento, así como a incidencia e a mobilización social co obxectivo de crear redes de solidariedade na comunidade
A Xunta comprométese a ir da man das empresas galegas na implementación da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027
José González sinalou que só garantindo a saúde da poboación traballadora é posible que o noso tecido produtivo siga dando o mellor de si, sendo exemplo de competitividade e rendibilidade e de prover emprego de calidade
Rueda ratifica o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade e agradece o traballo das entidades sociais
Destaca a entrada en vigor este ano do concerto social, ao cal a Xunta destina máis de 100 M€ anuais
Gómez Caamaño valora a celebración en Galicia do Congreso europeo de páncreas, situando á comunidade como referente
Destaca o labor da sanidade pública galega e iniciativas como a do Club europeo pancreático de cara a facilitar o intercambio de coñecemento na materia