Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a atención a nenos e adolescentes dentro do sistema de protección autonómico nos orzamentos do ano 2024
Destinarase a esta materia máis de 60 millóns de euros o vindeiro ano para seguir reforzando a atención e prevención de casos de desprotección
A Xunta adhire as tendas de Ikea en Galicia á Tarxeta Benvida para que as familias poidan empregala na compra de produtos para os seus bebés
Os seus beneficiarios poderán facer uso dela a partir do 1 de decembro nas instalacións da Coruña e tamén nas oficinas de Santiago, Vigo e Ourense
A Xunta subvenciona o servizo de comedor nas escolas infantís de iniciativa social con máis de 1,2 M€
Estas axudas permitirán que máis de 1.900 familias que levan os seus nenos a estes centros paguen o comedor en función da súa renda
A Xunta amplía as prazas de 0 a 3 anos en Chandrexa de Queixa coa apertura dunha casa niño
O orzamento de 2024 contempla outros 3 millóns de euros para seguir ampliando esta rede pública de recursos de conciliación en concellos que non teñen escolas infantís
A Xunta aplaude o compromiso das familias e entidades que participan nos programas de acollemento de nenos e adolescentes
O Goberno galego volve incrementar os fondos destinados a acollemento familiar, que acadan no orzamento do vindeiro ano os 6,5 millóns de euros
Fabiola García destaca o incremento nun 12 % do orzamento de Política Social e Xuventude para o ano 2024, acadando un novo récord histórico ao superar os 1.205 M€
Supón tres veces máis que o destinado a este ámbito no ano 2009
Fabiola García destaca que a gratuidade das escolas infantís converteu a Galicia en líder nacional na escolarización de 0 a 3 anos
No primeiro ano de implantación desta medida a taxa de escolaridade mellorou en case nove puntos con respecto ao curso anterior ata situarse no 56%, dez puntos máis que a media nacional e moi superior ao 19% do ano 2009
Diego Calvo pon en valor a situación de estabilidade de Galicia que permite aprobar os orzamentos da Xunta en tempo e forma para apoiar as empresas e as familias
O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou nun coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Vigo as medidas do Goberno galego para axilizar a tramitación de proxectos industriais estratéxicos co obxectivo de xerar emprego e favorecer o crecemento económico
O programa Vacacións en familia da Xunta superou este verán as 2.100 persoas beneficiadas e as 12.000 pernoitas nas residencias de Panxón e O Carballiño
A través desta iniciativa, ofrécese ás familias a posibilidade de ter unha estadía de verán de seis días nalgún destes dous centros públicos, a prezos moi económicos e en réxime de pensión completa
Diego Calvo traslada ás federacións deportivas os beneficios do Bono Deporte para fomentar a práctica de actividade física
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes informoulles que se reservarán 16,2M€ nos orzamentos de 2024 para este bono de 120 euros