Actualidade
Buscador de novas
Aneiros reúnese coa xerente do GALP A Mariña-Ortegal coa que analizou os proxectos financiados nesta comarca ao amparo do FEMPA 2021-2027
O encontro enmárcase na rolda de contactos cos Concellos, axentes sociais e tecido socioeconómico que a delegada territorial da Xunta en Ferrol iniciou tralo seu nomeamento
Villares avoga polo equilibrio entre o respecto ambiental e a sustentabilidade económica para que a pesca e a acuicultura sigan sendo prioritarios no litoral galego
Destaca a importancia da colaboración do sector coa administración para enxalzar o valor engadido desta especie e aumentar así a súa demanda no mercado e o incremento do seu prezo
Villares confirma que a Xunta traballa intensamente nun plan dotado con 123 M€ para impulsar a competitividade e sostibilidade do marisqueo
Afirma que, para unha solución adaptada a cada zona de marisqueo, se está a traballar intensamente cos centros de investigación e os técnicos; un traballo para o que a Xunta de Galicia continúa sen o apoio do Goberno central
Alfonso Villares sitúa Galicia á vangarda na defensa da cultura marítima e enxalza o Pcuma como folla de ruta das actuacións con horizonte no 2030
O responsable autonómico sinala o potencial da comunidade neste ámbito con máis de 1.600 km de costa, 16 rías e 80 concellos costeiros nos que se concentra a metade da poboación galega
Alfonso Villares cualifica de “falta de respecto” a negativa do Estado a declarar como zona catastrófica os bancos marisqueiros das rías galegas
O titular de Mar amosa a súa sorpresa pola resposta e denuncia co Executivo estatal responda máis de 5 meses despois a través dunha nota de prensa sinalando que nin tramitaron a solicitude realizada polo Goberno autonómico