Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 156 novas da área temática Patrimonio:

30/10/2023 | 15:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conclúe a actuación no xacemento de Proendos coa consolidación do primeiro hórreo romano de muros paralelos do noroeste peninsular

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación promovida en colaboración co Concello de Sober dálles continuidade aos traballos realizados en campañas anteriores, cun investimento autonómico superior aos 100.000 euros

20/10/2023 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de 1,4 M€ para a musealización da Catedral de Tui

“Isto supón un novo paso no noso compromiso para revalorizar o patrimonio dun dos principais templos do Camiño Portugués de cara o seu 800 aniversario en 2025”, indica

18/10/2023 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
13/10/2023 | 14:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta ten mobilizado o 84% dos fondos europeos para a rehabilitación dos BICS do Camiño de Santiago

Oito dos 12 proxectos relativos aos BICS están xa licitados para “executar os investimentos o antes posible e aproveitar o retorno para os territorios”, expresa

12/10/2023 | 17:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
07/10/2023 | 16:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Ribadeo analizan a súa posible colaboración para mellorar e homoxeneizar a sinalización do Monumento Natural das Catedrais

Ángeles Vázquez e Daniel Vega estudarán tamén novos investimentos neste espazo natural, un dos máis visitados da Comunidade, e concretamente no aparcamento
 

30/09/2023 | 17:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As obras de restauración da Concatedral de San Xiao de Ferrol rematarán no primeiro trimestre de 2024

O responsable autonómico de Cultura percorre os andamios da torre antes da súa retirada, nas próximas semanas, tras o remate das primeiras actuacións

28/09/2023 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o seu compromiso coa conservación da Catedral de Santiago cun novo investimento de 250.000€ para as capelas do Salvador e San Bartolomé

As obras nestas dúas capelas da xirola están xa en execución e está previsto que finalicen no primeiro trimestre do vindeiro ano 2024