Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

22/02/2024 | 14:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que a Xunta apoia cinco novos proxectos de infraestruturas compartidas e centros dixitais que suman máis de 10 M€

Resalta que se trata de instalacións “con aparellos e tecnoloxía complexa” que estarán á disposición das pequenas empresas e autónomos de toda Galicia

05/02/2024 | 15:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta as vocacións científicas entre o estudantado con motivo do Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, impartiu unha charla a alumnado de 4º da ESO do Colexio Maristas de Lugo para animalo a facer unha elección non sesgada dos seus estudos e liberarse dos estereotipos de xénero

28/01/2024 | 11:04 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Máis do 84% das empresas tecnolóxicas galegas utiliza software libre

Un informe publicado polo Observatorio da sociedade da información e comunicación de Galicia (OSIMGA) destaca que a metade das empresas TIC oferta bens ou servizos aos seus clientes en software libre.
 

27/01/2024 | 12:20 | C. de Facenda e Administración Pública

As mulleres galegas de entre 35 e 64 anos utilizan máis as tecnoloxías que os homes

O 89,1% das mulleres declara usar internet, fronte ao 89,5% dos homes, que só as superan de xeito significativo a partir dos 65 anos
 

27/01/2024 | 10:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca o papel das telecomunicacións como ferramenta para a cohesión do territorio e como garantía de igualdade de oportunidades

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiu onte á noite ao ForoTelecos Galicia 2023

24/01/2024 | 11:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza un webinario para informar da convocatoria destinada a proxectos de gases renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participará neste encontro informativo que se celebra mañá

21/01/2024 | 11:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a transformación industrial das pemes galegas a través de proxectos de dixitalización

A Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de resolver a última convocatoria do programa de axudas á dixitalización Industria 4.0, que suma máis de 2 millóns de euros para impulsar 125 proxectos vencellados aos procesos de transformación dixital de autónomos e pemes galegas

20/01/2024 | 10:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon a disposición das administracións públicas unha guía coas pautas para a implantación dunha Intelixencia Artificial segura e eficiente

O obxectivo do documento é que administracións e organismos públicos poidan aproveitar todas as potencialidades da automatización dos procesos e a xestión intelixente dos datos coa máxima seguridade para as persoas

19/01/2024 | 15:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo avoga por unhas relacións laborais xustas e polo uso da Intelixencia Artificial con perspectiva de xénero no marco do Campus formativo da Xunta para a igualdade laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade clausurou unha xornada deste Campus que ofrece a empresas, formadores e usuarios -de xeito gratuíto- información, formación e sensibilización para pasar da igualdade legal á real