Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reactiva desde o sábado as frecuencias de autobús entre A Coruña e Sada á primeira e última hora do día nas fins de semana e festivos
Os servizos saen de Sada desde as 07,30 horas os sábados e desde as 08,30 os domingos e festivos, e amplían o horario de volta da Coruña ata as 22,00 horas
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avanza cambios lexislativos para dar máis axilidade e seguridade xurídica ao ordenamento territorial
Anuncia que o Goberno galego acometerá os axustes precisos na Lei do Solo, na Lei de Ordenación do Territorio, na Lei de Vivenda, na Lei de Rehabilitación e nas Normas de Habitabilidade para axilizar os prazos nos procedementos de desenvolvemento de solo e execución ou rehabilitación de vivendas, garantindo a seguridade xurídica
Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellora do CEIP Mar de Fora de Fisterra que contarán cun investimento de case 1 M€
A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con maior espazo, confort térmico e máis accesible
A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia
Fanse co obxectivo de garantir a operatividade e non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero nalgunhas zonas serán audibles
A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas ao seu paso por 7 concellos da comarca de Ferrolterra
Intervirase nas estradas AC-110, AC-564 e AC-566 nos concellos de Cerdido, Moeche, As Somozas, A Capela, As Pontes, Valdoviño e Cedeira
A conselleira Martínez Allegue traslada ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, o compromiso da Xunta para humanizar a estrada PO-308
A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas abordou co rexedor a materialización desta actuación a través dun convenio de colaboración entre ambas administracións
A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ribadumia con 77 prazas de estacionamento
O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 540.000 euros
A Xunta e o Concello de Pontevedra desbloquean a variante de Alba
O proxecto está supeditado á disposición do informe favorable do Ministerio de Transportes confirmando a viabilidade do enlace da variante coa estrada N-550, documento que o Concello se comprometeu a acadar
A Xunta saca a licitación por algo máis de 331.000 € as obras de reforma da cociña e do comedor do CPI Atios de Valdoviño
A actuación consistirá na remodelación interior do volume do comedor e a cociña do edificio existente e o acondicionamento da súa envolvente para mellorar a estanquidade, a eficiencia enerxética e garantir as condicións de confort interior dos usuarios
A delegada da Xunta en Vigo pide ao alcalde “boa vontade e afán construtivo” para desbloquear “proxectos de cidade” e avanzar co presidente en melloras para a cidadanía
Ana Ortiz agarda que Abel Caballero abra na reunión do vindeiro martes unha “nova etapa de colaboración” co Goberno galego “en beneficio dos vigueses”