Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

25/06/2024 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o valor dos Polos de emprendemento como o de Friol para impulsar proxectos innovadores e colaboracións a prol do desenvolvemento do rural

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no evento Potenciando o sector agroalimentario, organizado por este polo en colaboración co GDR-4 Comarca de Lugo e Traloagro

25/06/2024 | 10:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas da Xunta ao tecido empresarial para impulsar as microformacións e dar resposta aos perfís que se demandan poden solicitarse desde mañá

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a segunda convocatoria do programa Bono Talento Empresa, dirixido a microempresas, pequenas empresas e persoas autónomas e, como novidade, tamén a medianas e grandes compañías

24/06/2024 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva ata os case 8,8 M€ o orzamento do programa ‘Aprol Rural’ para poder contratar preto de 550 persoas na Galicia non urbana

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación presupostaria da iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada a promover o emprego relacionado maioritariamente con tarefas de prevención de incendios forestais

23/06/2024 | 12:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aborda coa Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego os retos da economía social

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, vén de tratar con representantes de Aspais a nova lei estatal de economía social

23/06/2024 | 12:01 | C. de Sanidade
22/06/2024 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
22/06/2024 | 11:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incide en Bruxelas na súa aposta pola flexibilización da formación para o emprego e polo uso da IA para casar oferta e demanda no mercado laboral

Na reunión -na que tamén estivo o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais- a representante comunitaria confirmou que ambas liñas de actuación coinciden co que se está a potenciar no seo da Unión Europea

21/06/2024 | 19:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apela na Coruña ao potencial das novas xeracións para nutrir o emprendemento e o mercado laboral do futuro

José González clausurou o acto de apadriñamento e entrega de diplomas ás promocións dos mestrados en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas e en Banca e Finanzas do curso 2023-2024 da Universidade da Coruña (UDC)

21/06/2024 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O prazo de solicitude das axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos remata o vindeiro luns 24 de xuño

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no inicio da campaña Come, Merca, Ama O Grove que ata o 5 de xullo desenvolve a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes) co apoio da Xunta