Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

10/06/2024 | 10:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas da Xunta para a transformación de empresas en cooperativas ou sociedades laborais poden solicitarse desde mañá ata o 16 setembro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria deste programa no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste 2,3 millóns de euros

07/06/2024 | 13:48 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pón en valor o sector da loxística como chave para o desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia

Sinala que Galicia ten un tecido empresarial consolidado e un sistema ben estruturado para atraer empresas á Comunidade

06/06/2024 | 17:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola colaboración constante coa CEG para consolidar en Galicia os datos de crecemento económico, emprego e produción industrial

Destaca os datos coñecidos hoxe do Índice de Produción Industrial (IPI) rexistrado en abril, que creceu en Galicia un 17%, catro puntos máis que a media nacional

06/06/2024 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa para que Galicia sexa un polo de atracción industrial no ámbito da economía verde e dixital

Lorenzana explicou que a Administración autonómica ofrece medidas de apoio ao tecido produtivo e puxo en valor o asesoramento que está a prestar a Oficina Económica de Galicia que no seu primeiro mes de funcionamento recibiu máis de 900 consultas de empresas

06/06/2024 | 09:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza o novo Bono remuda para garantir o mantemento dos negocios como dinamizadores do territorio e xeradores de riqueza e emprego

O DOG publica hoxe esta convocatoria novidosa por 1,5 millóns de euros para impulsar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no tecido produtivo galego, no marco do Plan de remuda da Rede de polos de emprendemento