Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

27/05/2024 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros lembra que a convocatoria de axudas pra a adquisición de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido está aberta ata o 15 de novembro

Estas achegas cobren ata o 50% dos custo da bicicleta, cun máximo de 500 euros, con carácter xeral, aínda que poden chegar aos 700 euros no caso de familias numerosas de categoría especial e persoas con mobilidade reducida

23/05/2024 | 20:38 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete pon en valor a traxectoria de Golán como “patrimonio do deporte galego” no Foro Tech no que tamén participaron Edurne Pasabán e Toni Nadal

Sinala a “gran sorte do squash galego e dos novos valores” de que toda a experiencia de Golán poida estar ao seu servizo no Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Squash 

23/05/2024 | 17:30 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca o Gran Fondo Ézaro como “a rampla máis desafiante do ciclismo nacional” que desta volta contará co campión do mundo, Alejandro Valverde

Destaca a categoría popular desta proba que terá lugar o 7 de xullo e que está aberta a todos os públicos, sendo un evento apto para todas as idades e un escenario onde se mesturan as grandes lendas con ciclistas de todos os niveis

22/05/2024 | 18:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta saca músculo do investimento en instalacións deportivas

O secretario xeral para o Deporte destaca as recentes obras no CGTD, nos complexos deportivos da Coruña e no Complexo Deportivo de Monterrei, así como as ordes de axudas para as instalacións municipais (8 millóns de euros) e para entidades deportivas (1,5 millóns de euros)

22/05/2024 | 16:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A "Liga Xunta de Breaking" chega a súa cuarta edición nunha aposta total polo baile deportivo en Galicia

O secretario xeral para o Deporte destaca como dende 2021, ano no que se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se lanzou a primeira edición da Liga, o baile deportivo e o breakdance non deixaron de medrar

22/05/2024 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo reúnese con novo comodoro do Real Club Naútico da Coruña

A delegada da Xunta coñeceu de primeira man os proxectos e competicións deportivas que acollerá esta entidade ao longo do 2024