Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

05/04/2024 | 12:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que as residencias impulsadas pola Fundación Amancio Ortega en Santiago e Lugo comezarán a recibir os primeiros usuarios en maio

A FAO entrega chave en man á Xunta o complexo no barrio lucense da Residencia, de 120 prazas, para a súa incorporación á rede pública autonómica, tras un investimento que supera os 25 millóns de euros

02/04/2024 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que a Xunta está “preto das persoas con autismo” para fomentar a súa inclusión, o seu recoñecemento e a súa autonomía

Puxo en valor o impulso do concerto social para blindar as prazas de atención á discapacidade ao que o Goberno galego destina 100 millóns de euros ao ano

30/03/2024 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que as familias poden solicitar praza nas súas escolas infantís ata o vindeiro día 5 de abril

Ofértanse 10.500 prazas de 0 a 3 anos nos centros de titularidade autonómica para o curso 2024-2025, que comezará o 6 de setembro

27/03/2024 | 13:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca as iniciativas de conciliación promovidas pola Xunta en período non lectivo na súa visita ao programa de lecer de Semana Santa da Guarda

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou o CEIP A Sangriña, onde un total de 31 rapazas e rapaces de entre 3 e 10 anos participan na actividade Concilia Semana Santa activada polo municipio con apoio autonómico

25/03/2024 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García entrega á residencia pública autonómica da Milagrosa un certificado de calidade que recoñece a súa excelencia na atención a maiores

As obras de mellora neste centro sacaranse a licitación no mes de maio e ascenderán finalmente a 1,7 millóns de euros

22/03/2024 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axuda con 90.000 euros á asociación Iris Social de Marín

O delegado territorial destacou a importancia de colaborar coas asociacións galegas e agradeceu o traballo dos traballadores e traballadoras de Iris Social

20/03/2024 | 21:05 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta eloxia aos galardoados na undécima edición dos premios Down Compostela para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down

O conselleiro de Sanidade en funcións pon en valor o traballo en prol da igualdade de oportunidades para todas as persoas, incluíndo o acceso ao emprego público no Sergas