Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

19/07/2024 | 12:43 | C. de Sanidade

A Xunta licita por preto de 23 millóns de euros o contrato de subministro de suturas mecánicas con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde

A duración inicial deste contrato é de 3 anos, recollendo a posibilidade de ser prorrogado por 2 anos máis, acadando neste caso os 37,8 millóns de euros

19/07/2024 | 12:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica a xestión integral das plantas de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa

O contrato, cunha duración de dous anos, inclúe a operación, mantemento e limpeza das tres instalacións, así como a distribución e comercialización do compost elaborado a partir da materia orgánica

19/07/2024 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre as propostas económicas para executar as obras de rehabilitación de catro vivendas en Ferrol Vello cun investimento de máis de 1,1 M€

Presentáronse tres ofertas para a rehabilitación de dous inmobles emprazados nas rúas Benito Vicetto 17 e Castro 22-24, respectivamente

19/07/2024 | 12:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta o programa que asesorará de balde dentro da rede de Polos a 30 proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron na presentación de Alento, iniciativa impulsada polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia

19/07/2024 | 11:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca a recuperación do Teatro Cine Fraga como símbolo da aposta da Xunta pola preservación da riqueza cultural viguesa

Asegura que a recuperación do inmoble supón “cumprir un compromiso” coa cidade, revitalizando un “espazo cultural pioneiro”

19/07/2024 | 11:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede as medallas Emilia Pardo Bazán aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia, á Asociación Acadar e a Rosa Celia Otero Graña

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, o de Investigación Biomédica da Coruña (INBIC) e o de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IINGS) son exemplos da incorporación das mulleres ao mundo da ciencia

19/07/2024 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica detén á persoa presunta autora de oito incendios forestais en Lalín

A detención enmárcase na denominada ‘operación Errante’ co obxectivo de previr e atallar a sucesión de lumes na zona

19/07/2024 | 11:43 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

O delegado territorial da Xunta en ourense presenta o festival ‘Xoldra de Aguiar’ que se desenvolverá no concello de Pereiro de Aguiar

Actuarán os grupos galegos Cé Orquestra Pantasma, Los Camachuelos, O Sonoro Maxín e Luar na Lubre

19/07/2024 | 10:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 550.000 euros oito proxectos de acción humanitaria no exterior

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE vén de publicar a resolución coas axudas a seis organizacións non gobernamentais