Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

24/02/2023 | 11:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta apunta que o tecido empresarial galego está acelerando os seus plans de transición enerxética para ser máis sustentable

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación da terceira edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida, impulsado por Economía Digital Galicia

24/02/2023 | 11:14 | C. de Facenda e Administración Pública

A economía galega medrou un 3,8 % no 2022

No 4º trimestre do ano o PIB aumentou un 2,2 % con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior

23/02/2023 | 15:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ten mobilizado o 100 % dos 1.122 M€ dos fondos europeos recibidos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

Rueda denuncia retrasos “sen moita razón” da partida asignada a Galicia, xa que o Executivo central aínda non transferiu 144 M€ do global comprometido

22/02/2023 | 17:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza o Bono coidado e destina máis dun millón de euros a axudar a 4.900 familias galegas a contratar un servizo de conciliación para os seus fillos

Atendéronse o 100% das solicitudes recibidas, concedéndose entre 200 e 500 euros de axuda por unidade familiar

22/02/2023 | 16:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno un cambio de actitude para que as comunidades poidan participar na xestión dos fondos europeos e no deseño das convocatorias

Conde afirma que a visita da delegación europea ten que supoñer “un punto de inflexión” para axilizar a execución dos fondos e para que as comunidades autónomas poidan optar a eles en igualdade de oportunidades

22/02/2023 | 15:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada á Cámara de Comercio da Coruña as súas recentes iniciativas en materia de solo empresarial e vivenda

Ángeles Vázquez incide na recente convocatoria por parte de Xestur dun novo concurso para a adquisición de máis de 515.000 m2 de solo empresarial, repartidos entre 215 parcelas de 18 polígonos

22/02/2023 | 14:47 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O Goberno galego inviste 40 M€ no impulso dos centros de fabricación avanzada que melloran a competitividade da industria

Rueda recorda que Galicia é a segunda CC. AA. que máis empresas biotecnolóxicas crea e que o biopolo da Sionlla é o mellor exemplo da puxanza desta industria

22/02/2023 | 13:48 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/02/2023 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o novo récord de exportacións das empresas pontevedresas, tras medrar un 8,3 % e superar os 13.000 M€ en 2022

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita as instalacións de La Fábrica de Nikis, empresa especializada en merchandising e deseño gráfico que ten promovido diferentes accións de internacionalización grazas ao Galicia Exporta Dixital
 

20/02/2023 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta inxecta 100.000 € en axudas para a transformación dixital do sector comercial e artesanal nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou un dos 20 negocios beneficiarios desta convocatoria da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación que mobilizou na zona investimentos por valor de 125.000 euros