Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.080 novas:

27/06/2024 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa aos veciños interesados do inicio dos traballos do polígono agroforestal de Cabreira, en Salvaterra do Miño

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou aos asistentes os avances deste polígono agroforestal que permitirá mobilizar 22,21 hectáreas de terreo divididas en 237 parcelas de 148 propietarios

27/06/2024 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta elevará ata 6,6 millóns de euros o orzamento do Plan Corresponsables para chegar a 22 novos concellos

Con esta ampliación de crédito, a convocatoria deste ano sube un 33% con respecto á do 2023

27/06/2024 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inaugura unha xornada sobre protección infantil organizada polo CEESG

Arredor de 60 participantes recibiron formación sobre a utilización de ferramentas de valoración, a aplicación de protocolos de intervención e a coordinación entre os distintos recursos

27/06/2024 | 13:31 | C. do Mar

Villares avoga por unha descarbonización da frota asumible para o sector e baixo os criterios de competitividade e de respecto ao medio ambiente

A Consellería está a colaborar coa UDC, a Fundación Marlnnleg, o Clúster Naval galego e a Bretaña francesa nunha programación de futuro e cuxas propostas serán enviadas a Bruxelas para garantir unha descarbonización gradual, equilibrada e viable

27/06/2024 | 13:30 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca que Galicia é pioneira en medidas para promover o retorno da colectividade no exterior

Salienta a Estratexia Galicia Retorna, posta en marcha polo Goberno galego co obxectivo de facilitar o regreso de 30.000 persoas ata 2026

27/06/2024 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo supervisa o inicio das obras de mellora da seguridade viaria peonil na estrada autonómica AC-445, ao seu paso pola recta da Anchoa, no concello de Fisterra

Trátase da implantación de tres pasos de peóns nesta vía autonómica, nos puntos quilométricos 11+380, 11+870 e 12+490

27/06/2024 | 12:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o recoñecemento da UE a Galicia co premio ‘Rexión Emprendedora Europea 2025’ polas súas medidas para impulsar o emprego e revitalizar o rural

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª do Parlamento a unha pregunta sobre as accións do Goberno galego a prol da actividade emprendedora

27/06/2024 | 12:47 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta que a Costa da Morte contará desde este verán cun hospital mellor preparado para atender as urxencias sanitarias grazas a un investimento de 1’1 M€

O conselleiro de Sanidade, visitou as obras e os puntos de atención móbil instalados para dar apoio ao hospital durante os traballos

27/06/2024 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a futura lei de administración ambiental simplificada contribuirá á transición cara a un novo modelo produtivo máis sostible e eficiente

Ángeles Vázquez subliña que con este proxecto lexislativo Galicia quere consolidar a súa posición como referente na transición enerxética e na descarbonización

27/06/2024 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade da casa consistorial de Leiro cunha achega de 34.000€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións para coñecer o resultado das accións executadas no marco da Orde de infraestruturas de uso público