Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

13/01/2023 | 14:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

As axudas da Xunta para apoiar a particulares e concellos a mellorar a imaxe exterior dos seus inmobles poderán solicitarse desde a próxima semana

Ángeles Vázquez anuncia que o vindeiro martes sairá publicada a terceira convocatoria das ordes de axudas para reducir o impacto paisaxístico en vivendas privadas, edificios e outras construcións municipais, cun orzamento inicial de 2 M€
 

13/01/2023 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un 2022 extremadamente cálido e seco pese ás precipitacións dos últimos dous meses do ano

Ángeles Vázquez incide en que foi o ano máis cálido das últimas décadas ao rexistrar unha temperatura media de 14,9 graos, a máis elevada desde o ano 1961
 

12/01/2023 | 14:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforma a lei para devolver os animais de compañía falecidos na vía pública ás súas familias

Co cambio da Lei de protección e benestar dos animais de compañía, os cadáveres identificaranse co microchip para notificar o falecemento aos responsables
 

10/01/2023 | 14:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recolle as achegas de expertos das tres universidades galegas para enriquecer o contido da futura Lei de ordenación do litoral

Ángeles Vázquez subliña que se trata dunha norma concibida para todos os galegos e co triplo fin de protexer o modo de vida costeiro, o medio ambiente e a economía

10/01/2023 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2023

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no DOG a resolución pola que se renova o plan de aproveitamento específico desta especie

10/01/2023 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos máis de 727.700€ para colaborar en actuacións do concello de Ames

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo hoxe un encontro co alcalde da localidade, Blas García, para abordar posibles liñas de colaboración en proxectos conxuntos

10/01/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes para poder pescar lamprea no río Ulla durante a vindeira tempada

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se regula esta práctica e se fixan os trámites, requisitos e condicións que deben cumprir os pescadores interesados
 

08/01/2023 | 12:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa unha rede de seguimento de bolboretas nos parques Monte Aloia, Corrubedo e Xurés que dará información clave sobre o estado dos seus hábitats

Os tres espazos naturais destacan por concentrar unha grande diversidade deste lepidóptero, que é un dos bioindicadores ambientais máis empregados a nivel internacional para obter datos sobre a conservación e a saúde da biodiversidade

07/01/2023 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda colaborar coa Universidade da Coruña nun proxecto innovador para reducir a dispersión da herba da pampa na Comunidade

A partir do estudo biolóxico e ecolóxico dun parasito desta especie gramínea invasora, os investigadores desenvolveron unha tecnoloxía que permite utilizalo para reducir a produción de sementes desta planta, limitando así a súa propagación

04/01/2023 | 14:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará este ano 1,73 M€ ás axudas para previr e paliar os danos ocasionados polo xabaril

Belén do Campo anuncia que as subvencións para aplicar medidas preventivas ante a fauna silvestre e para instalar valados fixos se poderán solicitar a partir deste venres