Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por 435.000 euros as obras da nova rotonda na intersección da estrada OU-540 coa autovía A-52, no concello de Barbadás
A previsión é iniciar a finais de xullo as obras, cun prazo de execución de 4 meses
O estendido do firme na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas e os traballos na zona final da autovía Santiago-Brión suporán novas afeccións ao tráfico a vindeira semana
Estes traballos acometeranse entre o luns e o venres, polo que o tráfico será transferido á calzada oposta, en función da zona de obras, como vía de dobre sentido
Ethel Vázquez destaca o apoio da Xunta aos concellos na dotación de servizos de saneamento, que en Galicia require máis do dobre de metros de tubaxe que en España
Subliña a dificultade para levar os servizos de saneamento en Galicia debido á dispersión territorial, pois, mentres España se precisan 4 metros lineais de colector por habitante, a nosa comunidade require 9 metros de tubaxe por habitante
A Xunta pídelle ao concello de Pontevedra unha proposta seria e con financiamento para a reubicación das instalacións de conservación de estradas da Xunqueira de Alba
O Goberno galego vén de reiterar por carta ao Concello a súa disposición a trasladar esas dependencias cando teña unha proposta municipal con terreo e financiamento, tal e como lle corresponde como ente promotor da actuación
A Xunta insta ao Goberno de España a non perder máis tempo e a comezar xa as obras do segundo viaduto da A-6
Vázquez Mourelle urxe ao Executivo central a destinar os medios materiais e humanos necesarios para axilizar a execución da solución completa na autovía e garantir a seguridade viaria
A Xunta comeza as obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo, que suporá un investimento de máis de 14,8 M€
As obras teñen un prazo de execución de 18 meses e inclúen a remodelación da distribución interior do antigo edificio da Audiencia Provincial e a renovación das fachadas, adaptándoas ás necesidades de iluminación para crear espazos sanitarios
A Xunta licita por máis de 320.000 € a rehabilitación das cubertas do Antigo Hospital de San Roque en Santiago
A actuación conta cun prazo de execución de nove meses para resolver os problemas de estanquidade derivados do mal estado da cuberta
A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
Os interesados deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá
A Xunta adxudica por máis de 3 M€ a mellora do firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas de Lugo e da Terra Chá
Actuarase nas estradas LU-111, LU-121, LU-120 e LU-113 nos municipios de Rábade, Abadín, Vilalba, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza
O delegado da Xunta en Pontevedra anima ás asociacións a solicitar a cesión de locais sociais no edificio administrativo de Benito Corbal
Agustín Reguera lembrou que o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro luns 3 de xullo e que o Goberno galego ofrece gratuítamente ata 26 espazos neste céntrico enclave da cidade para actividades sociais, culturais, deportivas, sociais ou sanitarias