Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

01/03/2023 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ao comercio compostelán a solicitar as axudas de ata 17.600 € para impulsar a dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou Calzados Pachi e Bluvelvet, que participaron neste programa co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 112.000 € en 25 tendas e obradoiros artesáns da cidade

01/03/2023 | 12:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia da Estratexia de Internacionalización que suma outros 20 M€ este ano para consolidar o mellor ciclo exportador da historia de Galicia

O director do Igape, Fernando Guldrís, destaca no Parlamento o papel da Estratrexia como “folla de ruta coa que facilitar a saída ao exterior das pemes galegas, concentrando os esforzos, un ano máis, no impulso da dixitalización e a diversificación de mercados”

01/03/2023 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Ferrolterra debe aproveitar as oportunidades da transición enerxética para consolidarse como hub industrial do noroeste

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá nas Pontes de García Rodríguez no ciclo Networking Galicia Empresa

28/02/2023 | 14:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o acordo de Reganosa con Enagás coa condición de que se garanta a realización de investimentos en Galicia

A Administración autonómica, que é accionista de Reganosa, deu o seu visto e prace á operación vinculado ao compromiso de Enagás de seguir mellorando as infraestruturas enerxéticas na Comunidade

28/02/2023 | 13:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude de axudas para a instalación de caldeiras de biomasa nos fogares galegos

O Goberno autonómico destina 1,5 M€ a esta liña que contempla axudas de ata 8.000 euros por proxecto

28/02/2023 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás pemes coruñesas os apoios para impulsar a súa competitividade a través da innovación

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron nun encontro con empresas para promover a innovación entre as pequenas e medianas empresas, achegando os diferentes apoios ao seu dispor

27/02/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que o interese de Resonac por consolidarse en Galicia demostra o potencial da Comunidade para liderar industrias que farán unha sociedade máis sostible

Salienta as “enormes posibilidades” para a mobilidade sostible que xeran proxectos industrias como o de Resonac dirixido ao desenvolvemento do vehículo eléctrico

25/02/2023 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha liña de préstamos directos por 18 M€ para impulsar o investimento empresarial

A convocatoria busca cubrir as necesidades financeiras do tecido produtivo, prestando especial atención á operativa de industrias afectadas polo incremento de prezo de materias primas e subministracións

24/02/2023 | 14:24 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a esencia de Ignicia é lograr que a ciencia excelente galega teña un impacto positivo na competitividade económica e no benestar social

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Coruña ao Foro Ignicia 2023

24/02/2023 | 13:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Industrias Ferri o traballo do tecido empresarial galego que permite á comunidade acadar o mellor rexistro histórico en exportacións

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita en Gondomar as instalacións desta empresa do sector naval que ten impulsado a súa internacionalización grazas ao programa Galicia Exporta Empresas